FINOU DON MANUEL CASTRO “O CURA CASTRO”

 

IN MEMORIAM

A cara máis amable, sensata e desprendida de Arzúa acaba de perder a unha das súas figuras máis distinguidas. Don Manuel Castro, que todos tratamos como o cura Castro, pertencía á condición de cura necesario, amigo e próximo. De espírito bondadoso e caritativo era Manuel e formaba parte do cada vez máis reducido número de sacerdotes entregados á causa da solidariedade auténtica.

Don Manuel tiña unha idea fantástica da vida. Era home namorado de verdes, de frondosos camiños e sendeiros, de ríos e paisaxes que o identificaban coa súa Pastoriza natal. De casa forte era Manuel. Da dos Castro de Pastoriza a Vella. De onde xurdiron sólidas e innegables vocacións sacerdotais. Un declarado namorado da vida, da natureza e magnífico pescador. Acordo como en varias ocasións lle deu captura á vella, a troita máis envexada e con máis peso e sona do río Iso. Foi el quen me ensinou que cando as augas baixan alodadas ben cómpre substituir o saltón pola miñoca.

Prototipo de sacerdote cantor e poeta, Don Manuel utilizaba a palabra para tornar en delicada poesía. Rompeuse o teu corazón/ de tanto amar/ de tanto dar/ de tanto andar/ Deixáchesnos a todos baleiros da túa presencia pero cheos de ti. Foron palabras entenrecedoras que utilizou na súa última intervención en Radio Arzúa cara á benfeitora Consuelo Agra e que hoxe reproduzo para lle dedicar como despedida entrañable.

Por  Armando Cascón 

Arzúa. 28 de febreiro de 2010. Esta madrugada finou no Hospital Clínico de Santiago D. Manuel Castro García, ” O Cura Castro”. Foi párroco de Viñós, Brandeso, Viladavil e Santa María, todas parroquias do Concello de Arzúa. Tamén exercía como Vicario Parroquial (Coadxutor Parroquial). Durante toda a xornada de hoxe o seu corpo será velado no Tanatorio Cardelle de Arzúa ubicado na rúa Travesía da Feira. Mañá, a partir das 9h trasladarase á igrexa parroquial de Arzúa até a hora do funeral que será ás 5 da tarde. De seguido será inhumado na igrexa parroquialde San Pedro de Lema de onde era natural.   Segundo nos informaba esta mañá o Cura Parroco de Arzúa Don Santiago Pérez, esta previsto que este luns (1 marzo) ás 12 do mediodía se celebre unha misa pola súa alma a intención da parroquia, especialmente para a xente que por diferentes motivos non puidera asistir ao funeral. O próximo xoves ás 5 da tarde na igrexa de Santiago de Arzúa, o Sr Arcebispo D. Xulián Barrio presidirá o funeral que organiza o Arciprestádego de Ferreiros. . Por ser D. Manuel Castro un grande colaborador habitual en Radio Arzúa e grande contertuliano  na programación desta emisora, este luns (1 de marzo) ofreceremos un programa especial dedicado á súa persoa e traxectoria sacerdotal.

Foto: Don Manuel Castro acompañado da súa familia no día da súa ordenación. Fotografía cedida pola súa familia ao arquivo particular de Armando Cascón

Published in: on 28 febrero, 2010 at 9:55  Comments (1)  

A MAL CHAMADA TORMENTA PERFECTA NON REXISTROU NINGUNHA INCIDENCIA EN ARZÚA

Arzúa. 28 de febreiro de 2010. Segundo nos informaron esta mañá para Radio Arzúa, dende o Parque Comarcal de Bombeiros de Arzúa non se rexistrou ningunha incidencia. Así no lo fixo saber o Xefe deste departamento Bruno García quen nos comentou que foi unha xornada máis ben tranquila sen ningún tipo de imprevisto. Tampouco houbo que salientar novidades dende o departamento de Protección civil onde tan só nos fixeron constar a caida dunha árbore na parroquia arzuá de Boente e a dun sinal vial na rúa Alcalde Juan Vidal que non causou ningún tipo de desperfecto. Nin sequera houbo que dar conta dos refachos de grande intensidade anunciados dende Meteogalicia para esta zona.

Onde sí causou incidencias graves o temporal foi no concello ourensán de Vilar de Barrio onde  unha muller de 82 anos faleceu ao caerlle enriba o muro dunha nave. Trátase da primeira e única morte causada polo Xhyntia que azoutou Galicia.

O temporal entrou en Galicia polo sur, onde causou máis desfeitas, e foise desprazando ó longo da tarde cara ó norte. A alerta rematou sobre as 12.00 da noite e os equipos de urxencia estiveron plenamente operativos ata ese momento. As principais incidencias que citou o conselleiro Rueda son cortes na subministración por mor da caída de árbores nos postes de alta tensión.A media tarde, uns 27.000 abonados estaban sen luz, aínda que Rueda destacou que permanecían activas as brigadas dunhas 1.500 persoas, así como voluntarios que traballaron en colaboración coas empresas subministradoras, para reparar as avarías con “relativa celeridade”.

Published in: on 28 febrero, 2010 at 9:44  Dejar un comentario  

O CONCELLO DE ARZÚA DINAMIZA OS LOCAIS NAS PARROQUIAS

Arzúa, a 27 de febreiro de 2010.- O día 1 de marzo, o Concello de Arzúa volve a poñer en marcha o programa denominado “Xuntanza nas parroquias” que, por terceiro ano consecutivo, xorde coa idea de darlle aos veciños e veciñas da zona rural do municipio a oportunidade de desfrutar dunha serie de actividades e servizos cos que ocupar o seu tempo de ocio e mellorar as súas condicións físicas e psíquicas.

   Baixo a denominación de “Xuntanzas nas parroquias” englóbanse unha serie de iniciativas que repercuten de xeito beneficioso nas condicións de vida das preto de 200 persoas que ata o día de hoxe levan participado deste proxecto, que o Concello de Arzúa pon en práctica grazas a unha subvención achegada pola Deputación Provincial da Coruña. (más…)

Published in: on 27 febrero, 2010 at 14:55  Dejar un comentario  

LA TORMENTA PERFECTA COMEZARÁ A SENTIRSE EN ARZÚA ARREDOR DAS 3 DA TARDE E ESTÁ PREVISTO QUE PERMANEZA CON NÓS ATÉ MEDIANOITE DE HOXE

 

 

Arzúa 27 de febreiro de 2010. Segundo as predicións meteorolóxicas, que expuxo o director de MeteoGalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, a previsión é que Xynthia pase moi preto de Galicia, converténdose a nosa comunidade no centro da treboada e deixará ventos fortes do Sur ao Norte. En canto á chuvia, o director de MeteoGalicia puntualizou que “non será tan abundante” como hai dous días, con entre 50-60 litros, senón que esperan “como moito” 40 litros en “pouco tempo”.

Máis de 2.000 persoas -1.500 efectivos das brigadas de Medio Rural e 500 membros de mantemento de estradas-, entre outros, van conformar o dispositivo especial da Xunta para facer fronte ás principais incidencias que poida deixar a cicloxénese. Como consecuencia deste fenómeno vaise triplicar o número de teleoperadores que atenden a central do 112, para que poidan ser atendidas as incidencias de “forma correcta”, pasando dos 7-9 habituais a 24. Tamén se habilitarán unhas liñas 900 específicas dirixidas aos profesionais que atenden as emerxencias e responsables das diferentes administracións que se queiran poñer en contacto coa central do 112 para evitar “saturación ou conxestión” do sistema “ante a previsible ondada de chamadas que se van producir”. (más…)

Published in: on 27 febrero, 2010 at 8:14  Dejar un comentario  

O PARQUE EMPRESARIAL DE ARZÚA DISPORÁ DO SERVIZO DE INTERNET DE BANDA LARGA DENDE ESTE MARTES

 

Arzúa, a 26 de febreiro de 2010.- A partir do día 2 de marzo de 2010, a infraestructura instalada no parque empresarial de Arzúa para dotar ao recinto do servizo de acceso á Internet de banda larga sen fíos pasa a estar operativa. A partir desa data os empresarios poderán contratar o servizo de telecomunicacións de banda larga, teléfono e internet, coa empresa adxudicataria R Cable e Telecomunicacións de Galicia S.A. Así no lo confirmaron dende o Concello de Arzúa a través dunha nota de prensa.

   A instalación desta infraestructura no polígono industrial de Arzúa materializouse nun convenio, que se suscribiu o 1 de xaneiro de 2009, entre o Concello de Arzúa e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente da Consellería de Innovación e Industria. Co fin de levar a cabo dita instalación dende o Concello púxose a disposición da citada Fundación un espazo de 7×5 metros nunha parcela do parque empresarial, na que se ubicou a antena que permite a prestación deste servizo. (más…)

Published in: on 26 febrero, 2010 at 16:06  Comments (1)  

O RESPONSABLE LOCAL DO BNG IGNACIO GARCÍA EN RADIO ARZÚA

 

Arzúa. 26 de febreiro de 2010. Ignacio García Couso, responsable do BNG de Arzúa calificou en Radio Arzúa de desafortunadas as declaracións de Rosa Díez sobre a utilización da palabra Gallego en sentido despreciativo cara ás persoas do Presidente Rodríguez Zapatero e o lider do PP Mariano Rajoy. Na súa intervención, enmarcada no espazo que Radio Arzúa reserva para os grupos políticos, tamén se refiriu aos excesos de certos deputados no referente a dietas e quilometraxe. En nome da fomación nacionalista de Arzúa, García Couso expresou o seu malestar polo recente peche da oficina de rehabilitación que o anterior goberno bipartito ubicou en Arzúa no lugar de Ribadiso (parroquia de Rendal) e loubou as últimas achegas da Deputación da Coruña en materia de eliminación de barreiras nas instalacións deportivas de Arzúa ademáis doutras actuacións que o ente provincial ven de materializar no municipio. 

Foto: Ignacio García Couso nos estudos provisionais de Radio Arzúa.

Published in: on 26 febrero, 2010 at 13:31  Dejar un comentario  

LA TORMENTA PERFECTA ARRASARÁ GALICIA MAÑÁ CON VENTOS DE MÁIS DE 140 KM/H.

A   tormenta perfecta prevista para mañá terá, finalmente, forma de cicloxénese explosiva, o mesmo fenómeno que varreu a comunidade en xaneiro do ano pasado e que se bautizara co nome de “Klaus”. Así o advertiu onte a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que alertou de que a súa forza é a dun ciclón tropical, sen chegar a selo, e os seus efectos poden ser “devastadores”.

Vaise tratar dunha borrasca cun radio de acción moi amplo e cun ciclo de vida moi curto, de entre 24 e 36 horas, “pero moi intensa e con ventos moi fortes”. En Galicia, todo o mapa estará mañá en alerta de cor laranxa por ventos no interior, aos que se lles suman os fenómenos costeiros. Poderíase chegar incluso a alerta vermella (risco extremo). “Segundo as predicións de Meteogalicia, ademais dos fortes ventos tamén haberá presenza de chuvias, localmente fortes, na comunidade, así como un notorio aumento das temperaturas máximas.

 A cicloxénese explosiva xa se rexistrou en España en anteriores ocasións. E en Galicia o seu recordo aínda está moi presente. Hai pouco máis dun ano, o 24 e 25 de xaneiro de 2009, o Klaus varreu a nosa comunidade, sementando o caos en todos os niveis con refachos que acadaron os 190 por hora: alagamentos, cortes de luz, problemas de tráfico e destrozos en xeral. (más…)

Published in: on 26 febrero, 2010 at 8:36  Dejar un comentario  

A DESFEITA DAS ÚLTIMAS TREBOADAS EN ARZÚA

Published in: on 25 febrero, 2010 at 15:57  Dejar un comentario  

AS DECLARACIÓNS XENÓFOGAS DE ROSA DÍEZ

A voceira de Unión, Progreso y Democracia Rosa Díez deixou onte en evidencia a súa animadversión a todo o que ten que ver con Galicia e cos galegos. Califica a Zapatero e a Rajoy de Gallegos  en sentido peyorativo. A reacción non se fixo agardar: grupos políticos, colectivos sociais e culturais pediron unha inminente rectificación da Deputada.

Published in: Sin categoría on 25 febrero, 2010 at 15:18  Dejar un comentario  

PRESENTACIÓN DA 35ª EDICIÓN DA FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5,6 e 7 de marzo, o queixo de Arzúa- Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975.  

A innovación, segundo Xaquín García, é unha constante a que ano tras ano se dedica especial atención. Con este fin este ano tense creado a nova identidade da Festa do Queixo de Arzúa cun identificador institucional propio desde o que amosar dun xeito visual e homoxéneo os seus valores. 

A promoción da Festa do Queixo de Arzúa a través da rede e das novas tecnoloxías, é outra das novidades deste ano, para o que se desenvolveu a nova web  www.festadoqueixo.org, que servirá de promoción permanente. Paralelamente creouse o blog festadoqueixo.blogspot.com para o seguimento diario do evento e perfís en Facebook e Twitter e emprego de soportes de comunicación online e das novas ferramentas sociais na web 2.0 para potenciar a presenza do queixo nas redes sociais.  (más…)

Published in: on 25 febrero, 2010 at 14:10  Dejar un comentario  

Entrevista a Armando Cascón en Correo TV

Se me queres ver en Correo TV

Published in: on 22 febrero, 2010 at 16:15  Dejar un comentario  
Tags:

A PRIMEIRA CAIXA DE AFORROS EN ARZÚA

 

En pleno debate sobre a controvertida fusión das Caixas en Galicia quixeramos hoxe dedicar un intre para o recordo do establecemento da primeira entidade bancaria en Arzúa, La Caja de Ahorros  Monte de Piedad de La Coruña que se atopa precisamente na orixe da actual Caixa Galicia.

Fora no mandato do alcalde arzuán Mouriño Barbeito cando tivo lugar a súa instalación no municipio. A importancia administrativa de Arzúa, cabeceira de comarca e capital do Partido Xudicial, determinaba en boa parte a consolidación dunha base financeira na vila. Como mostra de boa acollida, o Consistorio depositou na nova sucursal os seus fondos que na liquidación feita cara a finais de setembro de 1945 ascendían a 29.350 pts. En adiante a sucursal Monte de Piedad funcionaría como depósito dos fondos municipais en substitución do Banco Pastor de Melide que o fora até entón. Deixaba pois, o Concello de depender dunha institución bancaria situada noutra vila para beneficiar á que se instalaba en Arzúa.   

En materia institucional Juan Rodríguez Paredes, daquela alcalde en funcións, fora o encargado de oficiar a inauguración da sucursal da Caja de Ahorros Monte de Piedad da Coruña o día 14 de xullo de 1946, en vésperas das festas patronais. Esta inauguración converteuse nun dos actos con máis relevancia no tempo do Franquismo en Arzúa. Naquela xornada un numeroso grupo de autoridades locais e provinciais presidido polo Gobernador Civil deuse cita na vila. Comezou o día cunha misa celebrada polo Vigairo Capitular da Diócese na igrexa parroquial. Concluída a cerimonia, un grupo de autoridades dirixiuse ás novas oficinas ubicadas na casa de Costoya, na rúa de Ramón Franco, co gallo de participar na beizón dos locais nos que a continuación se procedeu á entrega dun donativo de víveres ás familias máis necesitadas da vila, mentres que os convidados foron obsequiados cun xantar en Casa Juana, un dos restaurante con máis sona en Arzúa.

Artigo publicado no periódico Tierras de Santiago de 23 de febreiro de 210.

Published in: on 22 febrero, 2010 at 10:42  Dejar un comentario  

ARZÚA NO CÓDICE CALIXTINO

 

O Códice Calixtino, a principal xoia do arquivo da Catedral de Santiago, acaba de se publicar en galego baixo a coidada edición de A Nosa Terra. Contén cinco libros de variada temática dos cales o máis coñecido é o quinto, a primeira guía do Camiño de Santiago. Esta guía do peregrino conta as xornadas, as poboacións polas que pasa o camiño, as calidades das súas xentes e remata cunha interesante descrición de Santiago e da súa catedral así como das prácticas devocionais máis comúns dos camiñantes. Arzúa aparece citada dúas veces neste libro, aínda que con outro nome, o de Vilanova. Denominación que relembraba daquela a súa recente creación. A primeira cita aparece na enumeración dos pobos situados entre a vila de San Miguel e Compostela. Nesta ocasión o autor da guía refírese tamén a Santiago de Boente e á aldea da Castañeda ata a cal os peregrinos portaban unha pedra que era cocida nos fornos de cal para a construción da basílica do Apóstolo. A segunda referencia a Vilanova aparece no capítulo XI do que se relata mediante parábolas a acollida que debían recibir os camiñantes: Estando en Vilanova (Arzúa) un peregrino pediulle esmola a unha muller que tiña un pan entre as brasas quentes. Ela contestoulle que non tiña pan, e cando aquel peregrino xa estaba lonxe achegouse a mala muller ás brasas pensando coller o seu pan pero atopou unha pedra no canto do pan.

Artigo publicado no periódico Tierras de Santiago de 16 de febreiro de 2010.

Published in: on 17 febrero, 2010 at 15:25  Dejar un comentario