A PRIMEIRA CAIXA DE AFORROS EN ARZÚA

 

En pleno debate sobre a controvertida fusión das Caixas en Galicia quixeramos hoxe dedicar un intre para o recordo do establecemento da primeira entidade bancaria en Arzúa, La Caja de Ahorros  Monte de Piedad de La Coruña que se atopa precisamente na orixe da actual Caixa Galicia.

Fora no mandato do alcalde arzuán Mouriño Barbeito cando tivo lugar a súa instalación no municipio. A importancia administrativa de Arzúa, cabeceira de comarca e capital do Partido Xudicial, determinaba en boa parte a consolidación dunha base financeira na vila. Como mostra de boa acollida, o Consistorio depositou na nova sucursal os seus fondos que na liquidación feita cara a finais de setembro de 1945 ascendían a 29.350 pts. En adiante a sucursal Monte de Piedad funcionaría como depósito dos fondos municipais en substitución do Banco Pastor de Melide que o fora até entón. Deixaba pois, o Concello de depender dunha institución bancaria situada noutra vila para beneficiar á que se instalaba en Arzúa.   

En materia institucional Juan Rodríguez Paredes, daquela alcalde en funcións, fora o encargado de oficiar a inauguración da sucursal da Caja de Ahorros Monte de Piedad da Coruña o día 14 de xullo de 1946, en vésperas das festas patronais. Esta inauguración converteuse nun dos actos con máis relevancia no tempo do Franquismo en Arzúa. Naquela xornada un numeroso grupo de autoridades locais e provinciais presidido polo Gobernador Civil deuse cita na vila. Comezou o día cunha misa celebrada polo Vigairo Capitular da Diócese na igrexa parroquial. Concluída a cerimonia, un grupo de autoridades dirixiuse ás novas oficinas ubicadas na casa de Costoya, na rúa de Ramón Franco, co gallo de participar na beizón dos locais nos que a continuación se procedeu á entrega dun donativo de víveres ás familias máis necesitadas da vila, mentres que os convidados foron obsequiados cun xantar en Casa Juana, un dos restaurante con máis sona en Arzúa.

Artigo publicado no periódico Tierras de Santiago de 23 de febreiro de 210.

Anuncios
Published in: on 22 febrero, 2010 at 10:42  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/22/a-primeira-caixa-de-aforros-en-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: