PRESENTACIÓN DA 35ª EDICIÓN DA FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 35 anos. Durante os próximos 5,6 e 7 de marzo, o queixo de Arzúa- Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975.  

A innovación, segundo Xaquín García, é unha constante a que ano tras ano se dedica especial atención. Con este fin este ano tense creado a nova identidade da Festa do Queixo de Arzúa cun identificador institucional propio desde o que amosar dun xeito visual e homoxéneo os seus valores. 

A promoción da Festa do Queixo de Arzúa a través da rede e das novas tecnoloxías, é outra das novidades deste ano, para o que se desenvolveu a nova web  www.festadoqueixo.org, que servirá de promoción permanente. Paralelamente creouse o blog festadoqueixo.blogspot.com para o seguimento diario do evento e perfís en Facebook e Twitter e emprego de soportes de comunicación online e das novas ferramentas sociais na web 2.0 para potenciar a presenza do queixo nas redes sociais. 

O evento contempla nos seus alicerces aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, que xeran valor económico, e o consolidan como un proxecto de creación de valor arredor do produto e do territorio, ao tempo que o converten nunha cita fundamental e referencia cultural e gastronómicas de Galicia e do estado. 

Un dos proxectos, dentro da programación de actividades, que máis interese esperta e o concurso de maquetas “Queixo Maquetón” que se celebra este ano por segunda vez.  José Ramón Bernárdez, organizador, séntese orgulloso de ter duplicado o número de maquetas recibidas nesta edición e prevee unha final moi disputada debido á incrible calidade dos traballos presentados. 

Outra das propostas, que se celebra por cuarto ano consecutivo, é o concurso de Tapas e petiscos , que se desenvolve nos establecementos de hostalería de Arzúa e que organiza o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. O seu presidente,  Xosé Luis Carrera fixo referencia ao traballo que se está a realizar e que se reflicte no aumento dos niveis de produción que, a pesar das circunstancias económicas actuais, conseguiu pechar o ano cun incremento do 15%. “ O Queixo de Arzúa-Ulloa é un motor económico para o noso territorio, polo que tratamos de implicar a toda a cidadanía. Así, véñense programando durante todo o ano diferentes actividades, especialmente para nenos.” 

Xosé Luís García, antes de presentar o programa musical e cultural, quixo facer especial mención o cartel deste ano, un cartel que reflicte o esforzo para realizar a Festa do Queixo e representa a unión de todos, incluídos os máis novos. O programa musical conta con artistas do pais, nacionais e internacionais: Os franceses <<rinôçérôse>> e os murcianos Second actuarán o sábado 6. O Festival Folk terá lugar o domingo 7  coas actuacións de  Mutenrohi e Anxo Lorenzo. Por primeira vez haberá degustación de queixo durante os concertos. 

Ademais de música, está programada unha intensa programación de actividades que está pensada para todos os públicos, para que toda a cidadanía goce da Festa do Queixo 2010.

Por último,  Xaquín García subliñou que o gran esforzo que supón organizar a Festa do Queixo, para a que se traballa durante  meses, paga a pena. O goberno implícase especialmente con este acontecemento porque sabe da importancia que ten, tanto desde a perspectiva cultural como económica, para toda a cidadanía. Xaquín García, pechou o acto convidando a todos a gozar do 35 aniversario da Festa do Queixo de Arzúa.

Para máis información pincha www.festadoquixo.org

Anuncios
Published in: on 25 febrero, 2010 at 14:10  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/25/presentacion-da-35%c2%aa-edicion-da-festa-do-queixo-de-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: