LA TORMENTA PERFECTA ARRASARÁ GALICIA MAÑÁ CON VENTOS DE MÁIS DE 140 KM/H.

A   tormenta perfecta prevista para mañá terá, finalmente, forma de cicloxénese explosiva, o mesmo fenómeno que varreu a comunidade en xaneiro do ano pasado e que se bautizara co nome de “Klaus”. Así o advertiu onte a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que alertou de que a súa forza é a dun ciclón tropical, sen chegar a selo, e os seus efectos poden ser “devastadores”.

Vaise tratar dunha borrasca cun radio de acción moi amplo e cun ciclo de vida moi curto, de entre 24 e 36 horas, “pero moi intensa e con ventos moi fortes”. En Galicia, todo o mapa estará mañá en alerta de cor laranxa por ventos no interior, aos que se lles suman os fenómenos costeiros. Poderíase chegar incluso a alerta vermella (risco extremo). “Segundo as predicións de Meteogalicia, ademais dos fortes ventos tamén haberá presenza de chuvias, localmente fortes, na comunidade, así como un notorio aumento das temperaturas máximas.

 A cicloxénese explosiva xa se rexistrou en España en anteriores ocasións. E en Galicia o seu recordo aínda está moi presente. Hai pouco máis dun ano, o 24 e 25 de xaneiro de 2009, o Klaus varreu a nosa comunidade, sementando o caos en todos os niveis con refachos que acadaron os 190 por hora: alagamentos, cortes de luz, problemas de tráfico e destrozos en xeral.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo onte un chamamento á “extrema precaución” por parte dos cidadáns, os que invita a “evitar desprazamentos” para poder reducir riscos.

Os servizos de emerxencia recoméndalles aos cidadáns que extremen as precaucións e que adopten as oportunas medidas de autoprotección que favorecen a súa seguridade e a dos demais. Ante a previsión de fortes ventos, aconsellan asegurar portas, fiestras e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción ou guindastres que poidan desprenderse. Tamén convén absterse de subir ás estadas sen as adecuadas medidas de protección.

Á hora de conducir, cómpre extremar as precaucións, especialmente na saída de túneles, adiantamentos e cruzamento con vehículos pesados en estradas de dobre sentido, así como prestar atención ante a posible presenza de obstáculos na estrada.

Máis información en http://www.meteogalicia.es

Anuncios
Published in: on 26 febrero, 2010 at 8:36  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/26/la-tormenta-perfecta-arrasara-galicia-mana-con-ventos-de-mais-de-140-kmh/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: