O PARQUE EMPRESARIAL DE ARZÚA DISPORÁ DO SERVIZO DE INTERNET DE BANDA LARGA DENDE ESTE MARTES

 

Arzúa, a 26 de febreiro de 2010.- A partir do día 2 de marzo de 2010, a infraestructura instalada no parque empresarial de Arzúa para dotar ao recinto do servizo de acceso á Internet de banda larga sen fíos pasa a estar operativa. A partir desa data os empresarios poderán contratar o servizo de telecomunicacións de banda larga, teléfono e internet, coa empresa adxudicataria R Cable e Telecomunicacións de Galicia S.A. Así no lo confirmaron dende o Concello de Arzúa a través dunha nota de prensa.

   A instalación desta infraestructura no polígono industrial de Arzúa materializouse nun convenio, que se suscribiu o 1 de xaneiro de 2009, entre o Concello de Arzúa e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente da Consellería de Innovación e Industria. Co fin de levar a cabo dita instalación dende o Concello púxose a disposición da citada Fundación un espazo de 7×5 metros nunha parcela do parque empresarial, na que se ubicou a antena que permite a prestación deste servizo.

   A partir deste martes o servizo que a operadora R ofrecerá a todos os empresarios que decidan contratar as súas prestacións basearanse no acceso á rede telefónica e a internet a través de wimax, en banda ancha e cunha capacidade de 6 megas. É posible que a capacidade do servizo alcance as vivendas máis próximas ao parque empresarial, polo que dende o Concello informan que se algún veciño quixera facerse coas prestacións deste servizo deberá porse en contato coa empresa que o comercializa, a operadora R, que será a encargada de determinar a zona de alcance da sinal.

O Alcalde de Arzúa, Xaquín García manifestou que “se trata dunha importante prestación que vai contribuir, sen dúbida, a que as empresas do polígono dispoñan dunha ferramenta idónea e con garantías de cara a poder ofrecer un mellor servizo”.

 

Anuncios
Published in: on 26 febrero, 2010 at 16:06  Comments (1)  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/26/o-parque-empresarial-de-arzua-dispora-do-servizo-de-internet-de-banda-larga-dende-este-martes/trackback/

RSS feed for comments on this post.

One CommentDeja un comentario

  1. “A instalación desta infraestructura no polígono industrial de Arzúa materializouse nun convenio, que se suscribiu o 1 de xaneiro de 2009,”

    O 1 de xaneiro??? Mete medo como traballan estes políticos… en Aninovo e xa dando o callo… ou irían de “empatada” a asinar a Santiago o convenio, co matasogras e as serpentinas aínda colgando?

    Obviamente é unha errata, non obstante, boa nova, todo o que sexa ter mellor conexión a internet para as empresas é progreso nesta terra sempre allea as ultimas melloras tecnolóxicas.

    Saúdos.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: