LA TORMENTA PERFECTA COMEZARÁ A SENTIRSE EN ARZÚA ARREDOR DAS 3 DA TARDE E ESTÁ PREVISTO QUE PERMANEZA CON NÓS ATÉ MEDIANOITE DE HOXE

 

 

Arzúa 27 de febreiro de 2010. Segundo as predicións meteorolóxicas, que expuxo o director de MeteoGalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, a previsión é que Xynthia pase moi preto de Galicia, converténdose a nosa comunidade no centro da treboada e deixará ventos fortes do Sur ao Norte. En canto á chuvia, o director de MeteoGalicia puntualizou que “non será tan abundante” como hai dous días, con entre 50-60 litros, senón que esperan “como moito” 40 litros en “pouco tempo”.

Máis de 2.000 persoas -1.500 efectivos das brigadas de Medio Rural e 500 membros de mantemento de estradas-, entre outros, van conformar o dispositivo especial da Xunta para facer fronte ás principais incidencias que poida deixar a cicloxénese. Como consecuencia deste fenómeno vaise triplicar o número de teleoperadores que atenden a central do 112, para que poidan ser atendidas as incidencias de “forma correcta”, pasando dos 7-9 habituais a 24. Tamén se habilitarán unhas liñas 900 específicas dirixidas aos profesionais que atenden as emerxencias e responsables das diferentes administracións que se queiran poñer en contacto coa central do 112 para evitar “saturación ou conxestión” do sistema “ante a previsible ondada de chamadas que se van producir”.

Dirección Xeral de Tráfico (DXT) restrinxiu a circulación de camións destinados ao transporte de mercancías de máis de 7.500 quilogramos de masa máxima autorizada en estradas do norte peninsular e restrinxe mediante resolución a circulación dos camións de transporte de mercancías en xeral para circular por todo tipo de vías interurbanas de todas as provincias galegas entre as 12.00 e as 24.00 horas de hoxe.

O director xeral advertiu tamén que hai que estar preparados para que se poidan producir cortes da suministración eléctrica” ou de telefonía e destacou que, en caso de avaría, se chame ás compañías subministradoras porque “o número do 112 non é para avarías, senón que está dirixido á atención das emerxencias”. Con todo, Villanueva recalcou que a Xunta traballa “de forma activa e efectiva” dende hai días “e agora de xeito máis extremo para minimizar os danos”. Aínda que dixo que a situación é “grave”.

 RECOMENTADCIÓNS

Actividades. Non faga actividades no exterior. De feito, suspendéronse as competicións infantís e xuvenís desde hoxe até o domingo, inclusive.

Desprazamentos. Evite viaxar. Se ten que facelo extreme as precaucións polo forte vento lateral e posíbeis obstáculos na vía.

Abandono do vehículo. No caso de ter que abandonar o vehículo déixeo ben afastado e sinalizado.

Adiantamentos. Se ten que conducir, preste especial atención ao adiantamento a vehículos grandes xa que ao pasalos o vento lateral poderá desprazar o seu vehículo.

No litoral. Non se achege a zonas de batentes. Reforce os amarres e non saia a navegar baixo ningún concepto.

Vivendas particulares Asegure ou retire os obxectos que poidan ser desprendidos e reforce portas e fiestras.

No exterior Non se aproxime a arboredos ou sitios de onde poidan caer cornixas, muros ou valos publicitarios.

 

Anuncios
Published in: on 27 febrero, 2010 at 8:14  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/27/la-tormenta-perfecta-comezara-a-sentirse-en-arzua-arredor-das-3-da-tarde-e-esta-previsto-que-permaneza-con-nos-ate-medianoite-de-hoxe/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: