O CONCELLO DE ARZÚA DINAMIZA OS LOCAIS NAS PARROQUIAS

Arzúa, a 27 de febreiro de 2010.- O día 1 de marzo, o Concello de Arzúa volve a poñer en marcha o programa denominado “Xuntanza nas parroquias” que, por terceiro ano consecutivo, xorde coa idea de darlle aos veciños e veciñas da zona rural do municipio a oportunidade de desfrutar dunha serie de actividades e servizos cos que ocupar o seu tempo de ocio e mellorar as súas condicións físicas e psíquicas.

   Baixo a denominación de “Xuntanzas nas parroquias” englóbanse unha serie de iniciativas que repercuten de xeito beneficioso nas condicións de vida das preto de 200 persoas que ata o día de hoxe levan participado deste proxecto, que o Concello de Arzúa pon en práctica grazas a unha subvención achegada pola Deputación Provincial da Coruña.

Entre as actividades que se desenvolven nos diversos locais sociais, nas tardes dos luns aos venres, destacan os obradoiros de motricidade ou de memoria que se levan á práctica mediante xogos, bailes ou mesmo actividades deportivas. Tamén destacan os talleres de manualidade ou mesmo a organización de xornadas educativas e culturais.

         Ao igual que nas dúas edicións anteriores é o Departamento de Benestar Social do Concello quen se encarga de darlle forma a este programa, que desenvolve na práctica unha animadora sociocultural que se despraza nos días da semana ata os locais sociais de Boente, Vilantime, Maroxo, Dombodán, Oíns, Burres, Viladavil, Pantiñobre e este ano, por primeira vez, a Castañeda.

 As previsións que se baRallan dende Servizos Sociais do Concello de Arzúa cifran en 200 as persoas que participan neste proxecto, o que significa en palabras de Aurora Varela, Concelleira do Departamento, “un número moi importante dado que se trata de actividades relativamente recentes ás que os cidadáns se van sumando pouco a pouco unha vez que descobren os beneficios que lles reporta”. 

 

Anuncios
Published in: on 27 febrero, 2010 at 14:55  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/27/o-concello-de-arzua-dinamiza-os-locais-sociais-dos-nucleos-rurais/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: