FINOU DON MANUEL CASTRO “O CURA CASTRO”

 

IN MEMORIAM

A cara máis amable, sensata e desprendida de Arzúa acaba de perder a unha das súas figuras máis distinguidas. Don Manuel Castro, que todos tratamos como o cura Castro, pertencía á condición de cura necesario, amigo e próximo. De espírito bondadoso e caritativo era Manuel e formaba parte do cada vez máis reducido número de sacerdotes entregados á causa da solidariedade auténtica.

Don Manuel tiña unha idea fantástica da vida. Era home namorado de verdes, de frondosos camiños e sendeiros, de ríos e paisaxes que o identificaban coa súa Pastoriza natal. De casa forte era Manuel. Da dos Castro de Pastoriza a Vella. De onde xurdiron sólidas e innegables vocacións sacerdotais. Un declarado namorado da vida, da natureza e magnífico pescador. Acordo como en varias ocasións lle deu captura á vella, a troita máis envexada e con máis peso e sona do río Iso. Foi el quen me ensinou que cando as augas baixan alodadas ben cómpre substituir o saltón pola miñoca.

Prototipo de sacerdote cantor e poeta, Don Manuel utilizaba a palabra para tornar en delicada poesía. Rompeuse o teu corazón/ de tanto amar/ de tanto dar/ de tanto andar/ Deixáchesnos a todos baleiros da túa presencia pero cheos de ti. Foron palabras entenrecedoras que utilizou na súa última intervención en Radio Arzúa cara á benfeitora Consuelo Agra e que hoxe reproduzo para lle dedicar como despedida entrañable.

Por  Armando Cascón 

Arzúa. 28 de febreiro de 2010. Esta madrugada finou no Hospital Clínico de Santiago D. Manuel Castro García, ” O Cura Castro”. Foi párroco de Viñós, Brandeso, Viladavil e Santa María, todas parroquias do Concello de Arzúa. Tamén exercía como Vicario Parroquial (Coadxutor Parroquial). Durante toda a xornada de hoxe o seu corpo será velado no Tanatorio Cardelle de Arzúa ubicado na rúa Travesía da Feira. Mañá, a partir das 9h trasladarase á igrexa parroquial de Arzúa até a hora do funeral que será ás 5 da tarde. De seguido será inhumado na igrexa parroquialde San Pedro de Lema de onde era natural.   Segundo nos informaba esta mañá o Cura Parroco de Arzúa Don Santiago Pérez, esta previsto que este luns (1 marzo) ás 12 do mediodía se celebre unha misa pola súa alma a intención da parroquia, especialmente para a xente que por diferentes motivos non puidera asistir ao funeral. O próximo xoves ás 5 da tarde na igrexa de Santiago de Arzúa, o Sr Arcebispo D. Xulián Barrio presidirá o funeral que organiza o Arciprestádego de Ferreiros. . Por ser D. Manuel Castro un grande colaborador habitual en Radio Arzúa e grande contertuliano  na programación desta emisora, este luns (1 de marzo) ofreceremos un programa especial dedicado á súa persoa e traxectoria sacerdotal.

Foto: Don Manuel Castro acompañado da súa familia no día da súa ordenación. Fotografía cedida pola súa familia ao arquivo particular de Armando Cascón

Anuncios
Published in: on 28 febrero, 2010 at 9:55  Comments (1)  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/02/28/finou-don-manuel-castro-o-cura-castro/trackback/

RSS feed for comments on this post.

One CommentDeja un comentario

  1. Parabens polo blog en xeral, e por este artigo en particular, está a altura do que merecía este arzuán senlleiro e polifacético. Ademais do que recolles, era un gran contador de contos, cantante solista, e oín que bo xogador de fútbol.

    Paréceme que hoxe Arzúa morreu un pouco.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: