ARZÚA CONTARÁ CON NOVAS GRADAS NO CAMPO DE FÚTBOL DO VISO A FINAIS DESTE VERÁN

 

Arzúa, a 1 de marzo de 2010.- A Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa acordou esta mañá a adxudicacón da IIª Fase das obras de construcción do graderío do campo de fútbol do Complexo Deportivo do Viso á empresa Construccións Leonardo Miguélez. A actuación que se executará nos vindeiros 6 meses, o que significa que estará finalizada contra finais deste verán, servirá para poñer o broche de ouro a un programa de renovación e mellora das infraestructuras deportivas que o goberno municipal puxo en práctica nos últimos anos.

         Esta segunda fase de construción do graderío conta cun orzamento de 297.692,14 euros, que se empregarán en rematar unha estructura dunha superficie de algo máis de 45 metros na que se albergarán as novas instalacións; unha vez que xa se procedeu ao derrube das gradas existentes.

 Nunha primeira fase leváronse a cabo as actuacións consistentes na creación da estructura, a cuberta e os traballos de albañilería; quedando pendentes para esta segunda parte os traballos de remates, acabados e instalacións así como a preparación das pistas de atletismo que bordean o campo de fútbol de herba artificial.

         As novas gradas contarán cunha tribuna que terá acceso pola parte de arriba, sendo ésta a entrada principal e non contando con acceso directo ao campo, para facilitar así unha separación entre público espectador e xogadores. A estructura contará ademais con aseos e vestiarios na parte inferior, haberá dous para os xogadores e outros dous para os árbitros. Almacén e cuartos de caldeiras tamén formarán parte das novas instalacións.

         Para protexerse da choiva, as gradas contarán con laterais e parte traseira protexida por cristais; non terán acceso directo ao campo e contarán cun pasillo frontal cunha baranda de protección. A actuación inclúe ademais o acondicionamento das pistas de fútbol que rodean o campo de fútbol de herba artificial e o adecentamento da caseta de entrada ao recinto dende a que se despachan os tickets de acceso ás competicións deportivas.

         A Deputación Provincial de A Coruña é o organismo que financia a práctica totalidade do investimento previsto para esta segunda fase, que se agarda estea rematada contra finais do mes de agosto.

         Dende o Concello de Arzúa, o Alcalde, Xaquín García, sinalaba esta mañá que as obras pendentes de executar nesta segunda fase servirán para  “deixar en perfectas condicións un recinto que conta cunhas instalacións deportivas de inmellorable calidade”.

Anuncios
Published in: on 1 marzo, 2010 at 14:13  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/01/arzua-contara-con-novas-gradas-no-campo-de-futbol-do-viso-a-finais-deste-veran/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: