ARZÚA DESPIDE CUN EMOTIVO E MULTITUDINARIO FUNERAL AO SACERDOTE DON MANUEL CASTRO GARCÍA

Arzúa. 1 de marzo de 2010. O corpo do sacerdote Don Manuel Castro foi trasladado ás 9,30h desta mañá dende o tanatorio Cardelle á igrexa parroquial de Santiago de Arzúa. Alí centos de veciños e fregueses das diferentes parroquias do concello desfilaron paseniño diante do cadalito descuberto no que descansaba o corpo sen vida do sacerdote ataviado coas vestiduras liturxicas. O Alba, cíngulo, estola e casulla, todas de cor blanco, a cor da festa, simbolizando que “agora participará na liturxa celeste”. Na capela ardente que se instalou para a ocasión, don Manuel foi colocado de cara ao pobo, como sacerdote que era. Mozos, mozas, cativos  e xentes de todas as idades pasaron pola igrexa parroquial para manifestar a súas condolencias á familia. Todos eles participaron da misa das doce do mediodía que oficiou o cura párroco de Arzúa don Santiago Pérez quen comentaba para Radio Arzúa a súa impresión ante tanta multitude de parroquianos e a devoción coa que se achegaban para dar o último adeus a Don Manuel Castro.

Xa pola tarde, a partires das catro, a Praza da vila convertiuse nun fervedeiro de xente que se apresuraba cara á igrexa que se viu pequena para reservar un lugar onde poder sentar. A celebración foi presidida polo Vigairo Xeral da Diócese don Victor Maroño quen disculpou a ausencia do Arcebispo don Xulián Barrio que se atopa de viaxe en Roma. Maroño fixo unha sentida semblanza á vida e traxectoria sacerdotal de don Manuel Castro e loubou os seus valores como sacerdote.

Durante o funeral, ao que acudiron entre 60 e 70 curas, segundo o párroco don Santiago Pérez, púxoselle enriba do cadaleito o alba e a estola brancas como recordo das celebracións que presidiu na súa vida e que se poderían contar por miles. O vindeiro Xoves será o Arcebispo quen oficie un funeral en Arzúa na súa memoria. Dende a rectoral de Arzúa agardase de novo unha grande concurrencia de veciños.

Anuncios
Published in: on 1 marzo, 2010 at 20:54  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/01/arzua-despide-cun-emotivo-e-multitudinario-funeral-ao-sacerdote-don-manuel-castro-garcia/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: