17 ESTABLECEMTOS HOSTALEIROS DE ARZÚA PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NO IV CONCURSO DE TAPAS E PETISCOS DA XXXV FESTA DO QUEIXO.

 

Arzúa. 2 de marzo de 2010. Con motivo da “XXXV Festa do Queixo” que se celebrará en Arzúa a vindeira fin de semana, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa organiza, en colaboración coa Asociación de Hostaleiros do municipio, o IV concurso de pinchos e tapas para difundir as características e utilidades culinarias deste produto lácteo de calidade. Segundo información da Denominación de Orixe Protexida, son en total 17 establecementos os que xa formalizaron a súa inscripción para participar. Os premios serán entregados o domingo pola mañá no transcurso da feira nun acto organizado pola Consello da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. Na última edición, Casa Chelo, un dos restaurante con máis sona e solera da bisbarra foi quen se levou o primeiro premio cun exquisito porro con troita afumada ao queixo de Arzúa. Confitería La Esquina obtivo o segundo dos recoñecementos con bicos de queixo e mel, unha tapa que mesturaba hoxaldre, queixo e mel. O terceiro foi para parrillada Os Casqueiros con zancos de polo recheos de xamón e queixo de Arzúa. Un ano máis o xurado estará composto por membros da C.D.O.P, un representante de Radio Arzúa e profesionais do sector hostaleiro.

Anuncios
Published in: on 2 marzo, 2010 at 8:22  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/02/17-establecemtos-hostaleiros-de-arzua-participan-esta-fin-de-semana-no-iv-concurso-de-tapas-e-petiscos-da-xxxv-festa-do-queixo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: