Esgotados os stands para expositores profesionais. O Recinto Feiral Terra do Queixo contará cunha boa mostra das distintas denominacións de orixe que participan nesta edición

Arzúa. 3 de marzo de 2010. Máis de oitenta queixerías chegadas dos distintos territorios exporán os seus produtos no Recinto Feiral Terra do Queixo, no que poderemos atopar unha boa mostra das distintas Denominacións de Orixe que participan nesta edición.

O queixo galego estará ben representado no Recinto Feiral Terra do Queixo, as denominacións de orixe galegas, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, teñen reservado o seu espazo.

Igualmente, a organización informa de que está confirmada a participación de queixerías de procedencia internacional, concretamente de Francia e Italia, e tamén do resto do estado como Menorca, Perineos (Huesca) ou de Taramundi (Asturias).

O Recinto Feiral Terra do Queixo permanecerá aberto ao público dous días completos en horario ininterrompido. O sábado 6 de marzo, a apertura de portas ao público terá lugar ás 11.00 h e permanecerá aberto ata ás 21.00 h; mentres que o domingo 7 de marzo, o horario será de 10.00 a 21.00 h.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento.

O Queixo de Arzúa logra unha magnífica acollida en internet

A promoción da Festa do Queixo de Arzúa a través da rede e das novas tecnoloxías, está a desenvolverse de forma moi activa, o emprego de soportes de comunicación online como www.festadoqueixo.org, festadoqueixo.blogspot.com, os perfís en Facebook e Twitter e as novas ferramentas sociais na web 2.0, están a potenciar a presenza do queixo nas redes sociais dun xeito significativo.

As accións na internet, están a revelarse como ferramentas de construción claves para consolidar e abrir novos públicos. Peregrinos, prescritores dos medios de comunicación, convencionais e non convencionais, e moitos outros colectivos, están a responder de forma moi positiva por estar especialmente atentos á nosa realidade este ano Xacobeo 2010. Grazas a unha excelente relación cos usuarios, o número de seareiros na páxina de Facebook  alcanza xa os 1200 e en Twitter podemos atopar numerosas mencións ao queixo de Arzúa.

Ademais, este ano uníronse ao queixo moitos novos colaboradores e provedores de diferentes sectores que teñen relación co evento: industria do queixo, aloxamento de turismo rural, hostalería e restauración, medios de comunicación, produción cultural… Por filosofía, estamos abertos e poñemos o evento a disposición do tecido asociativo e empresarial para ser empregado como plataforma para a súa difusión e promoción, pensamos que vai en beneficio de todos.

 MAIS INFORMACIÓN EN www.festadoqueixo.org

Anuncios
Published in: on 3 marzo, 2010 at 16:48  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/03/esgotados-os-stands-para-expositores-profesionais-o-recinto-feiral-terra-do-queixo-contara-cunha-boa-mostra-das-distintas-denominacions-de-orixe-que-participan-nesta-edicion/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: