O SENADO DEBATERÁ HOXE UNHA INICIATIVA DO BNG PAR AQUE O GOBERNO RECOÑEZA A FIBROMIALXIA COMO ENFERMIDADE INCAPACITANTE. Dende o Centro de Saúde de Arzúa o doutor don Galo Martínez non se aventurou en adiantar datos sobre esta enfermidade na zona pois o seu diagnóstico é aínda moi impreciso.

 

Arzúa. 3 de marzo de 2010. A moción, presentada polo senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, e elaborada no seu día en colaboración coa Asociación Galega de Fibromialxia-AGAFI, insta ademáis ao goberno a deseñar mecanismos para que a fibromialxia poida ser recoñecida como incapacitante, e valorada nos recoñecementos de minusvalidez, e ademáis:

  • Adaptar os postos de traballo ás condicións físicas das persoas que sofren esta enfermidade, promovendo conxuntamente coas comunidades autónomas, as liñas de atención, asesoramento e apoio a traballadores con fibromialxia, e fomentando estas actuacións por medio da negociación colectiva e da elaboración de plans de igualdade.
  • Mellorar a atención sanitaria destas persoas, sobre todo no relativo coa sensibilización e a formación do persoal sanitario, a través de protocolos de diagnóstico, tratamento e incapacidade, coordenados con especialistas.
  • Establecer a obriga de receitar na sanidade pública por principio activo (medicamentos xenéricos) e non por marca, como se ven facendo na actualidade.

Dende AGAFI subliman que esta nova é un grande avance, logo de levar loitando por estes e por outros obxectivos dende o ano 2000, data de nacemento deste colectivo. AGAFI está composta por preto de 1600 socios e socias en toda Galicia contando con varios asociados no Concello de Arzúa. Dende o centro de saude de Arzúa, o doutor don Galo Martínez non se aventurou en adiantar datos acerca desta enfermidade na zona pois o seu diagnóstico e a día de hoxe aínda moi impreciso.

Para máis información visita http://www.agafi.org/

Anuncios
Published in: on 3 marzo, 2010 at 8:18  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/03/o-senado-debatera-hoxe-unha-iniciativa-do-bng-par-aque-o-goberno-reconeza-a-fibromialxia-como-enfermidade-incapacitante/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: