ARZÚA DESTINA PRETO DE 100.000 EUROS AO ARRANXO DE CAMIÑOS NOS NÚCLEOS RURAIS

Arzúa, a 4 de marzo de 2010.- O goberno municipal de Arzúa vén de adxudicar na Xunta de Goberno Local as obras de acondicionamento de diversos camiños rurais en diferentes parroquias do municipio. As actuacións irán destinadas á mellora do firme dos viais e á limpeza das gabias coa finalidade de adecentar unhas vías de comunicación fundamentais para o desenvolvemento da actividade agrícola e gandeira propia destas zonas.

A actuación contempla a mellora do camiño que vai dende a estrada de Boimorto ata o lugar de O Casal, na parroquia de Rendal, pasando antes polo Viso.  Esta obra financiarase con fondos procedentes do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal da Deputación Provincial 2009; en concreto trátase dunha actuación que é posible levar a cabo grazas á existencia de baixas do POS. Investiranse nesta actuación 36.000 euros. Con fondos procedentes deste mesmo programa tamén se executarán obras de acondicionamento do núcleo rural da Torre, na parroquia de Dombodán, onde se investirán 30.000 euros no saneamento e mellora do lugar

         Por outra banda, con fondos procedentes do Plan Provincial de axuda á crise promovido pola Deputación Provincial da Coruña o goberno municipal acordou a adxudicación provisional da obra de reparación do camiño que vai dende a estrada nacional 547 ao lugar de Doroña ( A Castañeda) pasando polo lugar de Bascuas, da parroquia de Rendal. Investirase neste actuación un total de 31.000 euros.

         Segundo o alcalde de Arzúa, Xaquín García,  “estas acutacións permiten mellorar en moitas ocasións de xeito notable a calidade de vida dos nosos veciños dos núcleos rurais que teñen os seus domicilios ao carón destes viais ou mesmo que circulan a diario por eles como consecuencia do desenvolvemento da súa actividade agrícola e gandeira, maioritariamente”.  

Anuncios
Published in: on 4 marzo, 2010 at 15:36  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/04/arzua-destina-preto-de-100-000-euros-ao-arranxo-de-caminos-nos-nucleos-rurais/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: