O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PABLO VILLAMAR, A CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTA BEATRIZ MATO E O DIRECTOR DE GALICIA CALIDADE CARLOS VILA CONFIRMARON A SÚA ASISTENCIA PARA O ACTO OFICIAL DA LECTURA DO PREGÓN.

Arzúa. 5 de marzo de 2010. A programación da 35 edición da Festa do Queixo comeza hoxe venres co concurso de Tapas e Petiscos, que se celebra por cuarto ano consecutivo e que organiza a Asociación de Hostalaría de Arzúa e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. A partir das 18.00 h, e durante toda a fin de semana, nos  establecementos de hostalaría de Arzúa poderanse degustar as exquisitas tapas creadas para esta edición.

O xurado,  composto por 4 membros vinculados ao mundo da gastronomía, emitirá o seu fallo o próximo sábado e o domingo ás 12.30 h. terá lugar a entrega do premio, outorgándolle ao gañador a distinción do Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa.

 

A tarde noite de hoxe preséntase animada,  coa degustación de petiscos esta prevista un ano máis a actuación da Rondalla Moraima de Arzúa que percorrerá os locais de hostalaría, prazas e rúas da vila. A Rondalla Moraima enmarca esta actuación nun programa de actuacións promovido para celebrar o seu 25 aniversario da súa existencia. Esta será a primeira dunha serie de concertos que ofreza a formación arzuá para este ano 2010.

A última confirmación para o acto da lectura do pregón foi a da Conselleira de traballo e Benestar Beatríz Mato. Xunto con Mato, oficiarán o acto institucional o Vicepresidente da Deputación Pablo Villamar e o Director de Galicia Calildade Carlos Vila. O Alcalde Xaquín García será o encargado de pechar a apertura da XXXV Edición da Festa do Queixo en Arzúa. Tamén está prevista a presencia nesta edición número 35 o Presidente do Consello da D.O P Arzúa-Ulloa,  Alcaldes e outras autoridades da comarca.

con motivo da xxxv festa do queixo, preséntase unha asociación que promoverá mais apoio o queixo de arzúa.-

Arzúa capital do Queixo é a denominación desta asociación cuxa acta fundacional ven avalada por 35 socios fundadores.-“Buscamos este momento, en vésperas da Festa do Queixo,  para presentar publicamente esta asociación, porque entendemos é unha boa maneira de apoiar esta celebración popular e o mesmo tempo para coñecimento xeral,abríndonos a tod@s aqueles amigos do queixo que queiran participar, sen exclusións de nengun tipo” –indica Juan Carlos Barral, presidente provisional, elexido polos fundadores.-

“Arzúa Capital do Queixo”, ten como obxectivo a defensa e promoción da denominación histórica do Queixo de Arzúa, no que inclúen outras denominacións tamén históricas que sempre foron coñecidas, ainda que coa súa propia persoalidade, dentro do “paraguas” do queixo de Arzúa.

Dende este colectivo entenden moi importante preservar estas denominacións que eran as que se comercializaban fundamentalmente nas feiras do 8 e 22 de Arzúa, ainda que pertenzan a outros Concellos limotrofes, emporiso facemos esta Asociación de ámbito comarcal, para a integración de todos” –suliña Barral, que continúa: “para nada queremos condicionar nengunha outro organismo que teñen xa outorgado distintas denominacións de calidade, coma a de Arzúa-Ulloa ou Tetilla, senon todo o contrario, buscaremos colaboración e participación con todos”

Exposicións, conferencias, xornadas ou publicacións que redunden en activar e valorizar o queixo de Arzúa, son alguns dos fins que pretende esta pioneira asociación , que presenta como novedade o outorgamento dos distintivo de “socio de honor” a aquelas persoas que se distinguiran o longo do tempo en promover este queixo,aos que se lles entregará o título de “Queixeiro maior das terras de Arzúa”, eso si, previo  seguinte xuramento”.

Dende a Policía Local do Concello de Arzúa informaron para Radio Arzúa que partires de hoxe ás 6 da tarde ata o luns ás oito da mañá queda totalmente prohibido estacionar nas rúas Alcalde Juan Vidal, Travesía da Feira, Doctor Fernández de la Riva, na Fraga do Rei no lateral do parque infantil, Xoxé Neira Vilas ata o número 36, Pai Pardo, Valle Inclán, Cruz Vermella, Luis Seoane e no Campo da Feira.

 

Anuncios
Published in: on 5 marzo, 2010 at 8:42  Comments (1)  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/05/o-vicepresidente-da-deputacion-da-coruna-pablo-villamar-e-a-conselleira-de-traballo-e-benesta-beatriz-mato-e-o-director-de-galicia-calidade-carlos-vila-confirmaron-a-sua-asistencia-para-o-acto-oficia/trackback/

RSS feed for comments on this post.

One CommentDeja un comentario

  1. Enhoraboa por este blog, quedache moi ben, e fas uns comentarios moi bonitos.
    Gustame moito
    Segue así.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: