ARRANCA A 35 FESTA DO QUEIXOA

Arzúa, 6 de marzo de 2010. Os establecementos  hostaleiros de Arzúa están ao 100% da súa ocupación. Algunos deles manifestaban para Radio Arzúa que unha boa parte das reservas fixéronse a través da páxina web que a organización desta 35 convocatoria puxo a disposición dos internautas. O alcalde de Arzúa Xaquín García expresaba onte en Radio Arzúa a súa satisfacción polas previsións que “a xulgar polo que se vé non poden ser mellores”. García Couso tivo un oco na súa intervención para agradecer o traballo que se está a realizar dende os diferentes sectores sociais da vila para que esta edición sexa un éxito. Será el quen, por protocolo, interveña de útimo no acto da lectura do pregón para abrir institucionalmente a Festa de Arzúa por excelencia e a fin de semana máis agardada en Arzúa, Capital galega do queixo. O acto será á 1 do mediodía aínda que o recinto feiral permanecerá aberto xa dende as 11 da mañá. Ademáis do alcalde, estarán  Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa e Pres. Asoc.Festa do Queixo;   Pablo Villamar Díaz, Vicepresidente da Deputación da Coruña; Carlos Vila, Director Xerente de Galicia Calidade e o escritor Séchu Sende, pregoeiro da 35 edición da Festa do Queixo.

Carla, Uxía e José, alumnos do colexio Atocha de Arzúa, serán os encargados de presentar e conducir o acto inaugural, no que terá lugar a entrega de premios do Concurso de Cartaz Anunciador da 35 Festa do Queixo. Ademais, Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e cultural do noso país, tomará a palabra para pronunciar o pregón deste ano.

O espectáculo de Gospel de Alba-Lírica porá o broche final a esta cita, que continuará co percorrido e visita das autoridades aos expositores e rematará cun xantar degustación para os convidados.

Máis de oitenta queixerías chegadas dos distintos territorios exporán os seus produtos no Recinto Feiral Terra do Queixo, no que poderemos atopar unha boa mostra das distintas Denominacións de Orixe que participan nesta edición.

Ademais dos expositores, o recinto feiral acolle exposicións e diferentes actos relacionados coa cultura, converténdose nun espazo de intercambio que nos achega ao mundo do queixo integrando actividades dirixidas ao seu coñecemento. Mañá poderemos visitar mañá a exposición dos carteis participantes no Concurso Cartaz Anunciador da Festa do Queixo  ou o obradoiro Stop motion  para os máis cativos.

Fóra do Recinto Feiral, os nenos poderán gozar da Caixiña de Mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual ou do Circo de Pulgas. O Obradoiro de Graffiti, para maiores de 14 anos celebrarase de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 20.00h  no  Campo de futbol, e os menores de 18 anos poderán participar no Concurso de Fotografía, especialmente deseñado para eles.

O programa musical do sábado comeza ás 18.00 h coa actuación dos grupos finalistas do concurso de maquetas Queixo Maquetón, na Praza da Vila. No campo da feira actuarán Second, ás 21.30 h e os franceses «rinôçérôse», ás 23.30 h. A xornada musical rematará á 01.30 da madrugada co concerto do grupo que resulte gañador do concurso.

O apartada musical nesta XXXV Edición da Festa do Queixo está encabezado polos francises Rinoceros que traen a Arzúa o espectáculo do seu último disco FUTURINO. Un directo no que mesturan efectos visuais con impactantes cancións de electrónica rock. Previamente os murcianos Second que repiten actuación en Arzúa e que promenten un directo contundente de guitarras con influencias anglosaxonas. Unhas horas antes, ás 6 do serán na praza da Vila, será a quenda do Queixo Maquetón 2010. O asturiano Willy Naves coa mellor Demo do ano 2009 na súa terra e finalista doutros importantes certames a nivel nacional compartirán escenario cos vigueses Belop recentemente gañadores do Maquetón Estrella Galicia, tamén actuarán os cataláns Bongo Espirience gañadores do Concurso Nacional de Músicos Amateurs 2008 co seu estilo hibrido entre a programación e a interpretación. Xa para rematar, a tarde do dominto tocalle a quenda ao Folk, o gaiteiro Anxo Lorenzo e os ourensáns Mutenroi serán quenes poñan o punto e final a esta 35 edición fusionando a música tradicional cos sons máis contemporáneos.

Anuncios
Published in: on 6 marzo, 2010 at 8:15  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/06/arranca-a-35-festa-do-queixoa-musica-protagonizara-a-xornada-do-sabado-o-grupo-murciano-second-e-os-franceses-%c2%abrinocerose%c2%bb-listos-para-a-sua-actuacion/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: