PREGÓN DA XXXV FESTA DO QUEIXO. UN ACTO OFICIAL DESLUCIDO POLA DESAFORTUNADA INTERVENCIÓN DO PREGOEIRO SECHU SENDE.

 

Arzúa. 8 de marzo de 2010. Miles de persoas se deron un ano máis cita en Arzúa para degustar, mercar e desfrutar das excelencias da vila. Durante o Sábado e Domingo Arzúa converteuse un ano máis na capital de Galicia e na capital do mundo do queixo.

A festa iniciouse co acto institucional do Pregón que comezou pasadas a unha do mediodía e que se viu deslucido pola desafortunada intervención do pregoeiro. Foi no segundo andar do Mercado Municipal Terra do Queixo. Alí déronse cita arredor dun cento de persoas para escoitar ao escritor Sechu Sende, pero máis que ensalzar o noso producto e as nosas potencialidades, o autor de Made in Galiza dedicouse a pronunciar un pregón de escasa calidade literaria pero de cargado tinte político ridiculizando ao Presidente de Galicia, ao goberno da Xunta e a toda aquela persoa quen non se expresa no idioma galego. A intervención do pregoeiro foi duramente criticada por unha boa parte dos asistentes que manifestaron para Radio Arzúa a humillación á que se viron sometidoss durante a súa presencia no altofalante. De obscena, morbosa, degradante, vergoñenta e desonrosa foi calificada por algunhos dos presentes noacto oficial do pregón a intervención deste activista da lingua. Antes da intervención de Sechu Sende fixeron a súa alocución o Director Xerente de Galicia Calidade, O Concelleiro de Cultura Xosé Luis García e o Alcalde de Arzúa Xaquin García quen, exercendo de anfitrión complaciente, agradeceu a presencia de visitantes e curiosos que se achegaron a Arzúa durante toda esta fin de Semana. Xaquín García tivo tamén palabras de agradecemento cara a todos os que un ano máis fixeron posible a festa do queixo e en tono cordial non deixou pasar a oportunidade de facer a súa crítica cara á Xunta polo pouco apoio económico que este ano recibiu a organización do evento. No acto institucional estiveron tamén presentes o Vicepresidente da Deputación da Coruña Pablo Villamar, a alcaldesa de Trujillo e diferentes alcaldes e responsables municipais dos diferentes concellos da comarca.

A concurrencia de público no Concerto foi lixeiramente inferior a anos pasados. Comezou ás 9,30 da noite cos murcianos Second que apenas tiveron expectación. Foi cos franceses Rinoceros cando se puido apreciar a un público entregado que non deixou de participar bailando ao ritmo da electrónica rock das súas cancións.

A xornada do domingo reuniu en Arzúa a miles de persoas que se achegaron para degustar, mercar e desfrutar das execelencias da vila.

 

Anuncios
Published in: on 8 marzo, 2010 at 9:30  Comments (2)  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/08/pregon-da-xxxv-festa-do-queixo-un-acto-oficial-deslucido-pola-desafortunada-intervencion-do-pregoeiro-sechu-sende/trackback/

RSS feed for comments on this post.

2 comentariosDeja un comentario

  1. si oh si, e millor lamber finais de lombo…


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: