ARZÚA CUADRIPLICA A RECOLLIDA DE RESIDUOS ORGÁNICOS TRAS A CELEBRACIÓN DA MULTITUDINARIA XXXV FESTA DO QUEIXO

Arzúa, a 9 de marzo de 2010.-   Dende o Concello de Arzúa informábannos esta mañá unha nota de prensa na cal se explica que o servizo de limpeza municipal do Concello tivo que aunar esforzos para recoller, tras un fin de semana de festa, máis de 15.000 kg de residuos orgánicos. Esta cifra supera con moito o triple do que suporía unha recollida habitual tras un fin de semana sen ningún acto especial.

         Segundo os datos aportados pola persoa encargada do servizo de mantemento municipal, as cifras de recollida de residuos orgánicos tras un fin de semana calquera non adoita superar os 4.000 kg, o que supón aínda non 8 metros cúbidos de lixo. Sen embargo, o fin de semana da Festa do Queixo, celebrada hai dous días deixou na localidade máis de 15.000 kg de residuos orgánicos, o que representa case o cuádruple dunha tempada normal.

         Dende o propio departamento de recollida do lixo quixeron ademais aclarar que esta cifra dos 15.000 kg. de residuos se refire únicamente á materia que se recolecta nos contedores verdes, os destinados á materia orgánica, quedando excluídos deste reconto os contedores destinados ao depósito de vidro,cartón e plásticos que tras un evento das características do celebrado esta pasada fin de semana, é de supoñer que tamén alcanzarán cifras moi elevadas, aínda que neste caso están sen concretar ao non ser obxecto de recollida do servizo municipal.

         Estas cifras non serven só para dar conta da magnitude do evento senón, e tal como salientaba esta mañá o Alcalde de Arzúa, Xaquín García, “serven para facer balance do grande esforzo que debemos facer dende o Concello non só a nivel económico senón tamén en medios e recursos humanos”. Xaquín García quixo agradecer públicamente “a boa disposición e a colaboración amosada en todo momento polos operarios do servizo de mantemento e de recollida do lixo que tiveron que triplicar os seus esforzos para deixar a vila completamente limpa en pouco tempo, despois de que preto de  45.000 persoas visitasen Arzúa en apenas dous días”.

Anuncios
Published in: on 9 marzo, 2010 at 11:34  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/09/arzua-cuadriplica-a-recollida-de-residuos-organicos-tras-a-celebracion-da-multitudinaria-xxxv-festa-do-queixo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: