PARTIDO SOCIALISTA DE ARZÚA E GRUPO INDEPENDENTE (AIA) CRITICAN O CONTIDO PARTIDISTA DA XXXV FESTA DO QUEIXO

 

Arzúa. 9 de marzo de 2010. O Partido Socialista de Arzúa ven de facer pública a súa solicitude para que o Alcalde reuna os grupos políticos e poñer sobre a mesa as contas pormenorizadas da Festa do Queixo.-

Igualmente esixen fixar os criterios xerais para a proxima celebración o vindeiro ano 2011.-

A respecto disto, os socialistas pedirán expresamente que se volva a celebrar o pregón o domingo ao medio dia, e non o sábado, como sempre se fixo, e que o pregoeiro se designe en función dos valores relacionados con Arzúa e o Queixo, sen criterios políticos. A tal efecto é preciso consensuar socialmente esta designación” indica Xabier Pintor, voceiro socialista.-

Igualmente entenden dendo o psoe local, que o festival hai que devolvelo á praza da vila, como sempre se fixo cun extraordinario éxito.-

Isto poderiase haberse tratado na Comisión da festa do Queixo antes da celebración desta XXXV edición, para que cada representante espuxera o seu criterio, pero non foi tal, toda vez que o Bloque xa tiña pechado o programa, utilizando a politica de “si o queres o tomas e sinon o deixas”, e se criticas, din que vas en contra da festa.

Emporiso “lamentamos o “baixón” desta edición da festa, tanto en afluencia de público, vendas de queixo como no escaso negocio da hosteleria, polo que para evitar que volva a ocorrer na proxima edición xa nos temos que poñer a traballar” indica Pintor.

A respecto disto señalan que os grupos seleccionados para o festival non foron os de mais tirón musical, polo que,unha vez rematada a festa, queren, dende o psoe local, se pormenoricen os gastos, incluidos os cachés de cada un dos grupos e as ofertas presentadas, que, -indican- teñen noticias de que existen outras moito mas baratas ca oferta seleccionada, que,por certo, e como sole ser habitual neste Goberno, a organización foi outorgada de novo a unha empresa foranea con sede en Valencia.

Non toleraremos mais que se nos diga que non hai empresas locales capacitadas para acometer esta festa ou outros servizos” – indican os socialistas,que fan esta critica con ánimo de que se corrixan estos criterios, en canto a deixar de lado a politización da festa, buscar a participación de todos e mellorar cada ano mais con moita imaginación e menos gasto económico.

A respecto de aplicar a imaxinación, “os socialistas recuperaremos a elaboración do “queixo mais grande do mundo”, que iniciaron a anterior edición uns veciños con moita adicación e esforzo e pouco custe económico, e que tivo a maior difusión informativa a nivel nacional de todos os tempos, e axudou moito a traer xente a festa, e tamen axudará para a Declaración de Interese Turistico Nacional, polo que debemos estar moi agradecidos a estes veciños , polo que hai que retomar esta iniciativa“ remata Pintor.

ende a Agrupación de Independentes para Arzúa, AIA, manifestan nun comunicado de prensa o seu malestar e completo desacordo co bochornoso espectáculo que o goberno municipal do BNG fixo pasar a arzuáns e visitantes durante a lectura do pregón da 35ª Festa do Queixo. Continuan decindo que A elección dun pregoeiro ten que ir acorde, sempre, co evento e co escenario onde se realiza. Ademais, un pregón é un discurso eloxioso no que se anuncia ao público o inicio dunha festividade e se lle incita a participar nela. Nesta ocasión asistimos a un patético intento de burla política, sen sentido, absurdo e fóra de lugar.

O grupo Independente de Arzúa responsabiliza ao goberno do BNG do acontecido e debería pedir desculpas aos arzuáns polo acontecido nese acto.

 

 

 

 

Anuncios
Published in: on 9 marzo, 2010 at 17:25  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/09/partido-socialista-de-arzua-e-grupo-independente-aia-critican-o-contido-partidista-da-xxxv-festa-do-queixo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: