REGINA CASTRO PRESENTA A SÚA DIMISIÓN COMO EDIL INDEPENDENTE NO CONCELLO DE ARZÚA.

Arzúa. 10 de marzo de 2010. A concelleira do grupo independente de Arzúa (AIA) Regina Castro ven de presentar a súa dimisión ante rexistro no Concello de Arzúa. Nela Regina Castro alude a motivos persoais e ao tempo que non é suficiente para lle dedicar á labor que lle encomendaron os veciños e veciñas de Arzúa a través das urnas e desenvolver o seu cargo como concelleira. Oscar Taboada, segundo na lista dos Independentes de Arzúa será agora quen represente o seu grupo na corporación municipal. Aínda así, en declaracións para Radio Arzúa, Castro manifestou que non descarta volver de novo á politica máis activa co mesmo grupo, de feito, seguirá ostentando o cargo de presidenta de AIA.

Os inicios en política de Regina Castro foron na legislatura 2003 con Manuel Moscoso López como alcalde cando accede a formar parte da candidatura do PP de número 8. As renuncias de varios concelleiros, unha vez formada a pasada corporación, fixo que chegara a acadar o posto de concelleira na oposición.

Nestas últimas elección municipais encabezou a lista de Agrpación Independente AIA, lista que se constituíu por unha excisión no grupo popular despois dunha serie de liortas internas.  

Anuncios
Published in: on 10 marzo, 2010 at 17:39  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/10/regina-castro-presenta-a-sua-dimision-como-edil-independente-no-concello-de-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: