APROBADOS OS SEIS PROXECTOS PRESENTADOS POLO CONCELLO DE ARZÚA PARA O SEGUNDO PLAN E, POR IMPORTE DE 700.696 EUROS

Arzúa, a 10 de marzo de 2010.- O Concello de Arzúa comezará a licitar os proxectos estes días, que suporán o investimento de 700.696 euros en distintas infraestruturas. O acondicionamento da Casa da Cultura, a mellora do abastecemento de auga potable e da rede de alcantarillado así como do alumeado público na Rúa do Viso, a instalación dunha centraliña telefónica de tecnoloxía de voz IP na casa consistorial,  a creación dunha rede de saneamento nos lugares do Chinelo e Capelán, na parroquia de Santa María e a mellora do saneamento no lugar de Magolán e Barros e na zona de Lema de Arriba, integran estes proxectos.

            O Concello de Arzúa presentou ao abeiro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local –coñecido como segundo Plan E-, seis proxectos cos que o Goberno Municipal realizará un grande esforzo na mellora do coidado do medio ambiente e na prestación de servizos básicos tanto na propia vila como nos núcleos rurais.

            En total, Arzúa investirá 700.696 euros, a través dos proxectos que xa foron aprobados polo Ministerio de Política Territorial na súa totalidade o pasado día 24 de febreiro, e que están agora só pendentes de licitación para poder comezar a executar as actuacións.

Un dos proxectos máis importantes que se acometerá con cargo a estes fondos é a reforma e acondicionamento da Casa da Cultura. Esta actuación consiste na reposición da cuberta dado o estado de deterioro que presenta na actualidade. Tamén está proxectada a colocación dun lucernario sobre o patio interior coa finalidade de evitar os problemas de humidade e acondicionamento térmico que existen actualmente. A maiores tamén se vai proceder ao acondicionamento e adaptación á normativa da instalación eléctrica do edificio e ao pintado do inmoble tanto no interior coma no exterior así como ao repaso dos elementos de carpintería e outros.  O goberno municipal destinará a esta actuación 152.300 euros. O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, salientaba a importancia desta actuación a tenor de que “esta edificación presenta importantes deficiencias sendo as máis importantes as relacionadas co illamento térmico e coas instalacións tanto eléctricas como de iluminación”. 

            Entre os proxectos a incluír dentro deste novo Plan E do Estado salienta a mellora do servicio de abastecemento de auga potable e da rede de alcantarillado separativo con reposición de pavimentos na Rúa do Viso. O goberno municipal investirá nesta actuación 110.672,71 euros.

            A mellora destes servizos vén motivada polo estado de gran deterioro que presentan na actualidade contando non innumerables fugas no servicio de abastecemento. É de salientar que a parte do abastecemento normal que discorre pola rúa, pasa tamén o colector xeral que serve ao núcleo urbán, o material deste colector é de fibrocemento polo que se estima urxente a súa reposición por outra de fundición. Co servizo de alcantarillado ocorre algo semellante sendo necesaria a incorporación de novos materiais e de maiores diámetros. Nesta rede será incorporado o sistema separativo de augas pluviais e augas fecais. Segundo explicou o Alcalde, a finalidade é dotar tanto ao servizo de abastecemento como ao de alcantarillado de novos materiais, con diámetros adaptados ás necesidades actuais e con novos sistemas de execución, evitando así as fugas e a posible contaminación do subsolo.

            Está prevista tamén a renovación e remodelación do alumeado público con reposición de pavimento nesta mesma rúa. Mediante un investimento de 169.944,85 euros, o goberno municipal dotará o servizo de alumeado de novos materiais, con cableado e lámpadas adaptadas ás necesidades actuais e con novos sistemas de execución, evitando así posibles accidentes e perdas de enerxía, impulsando o aforro e a eficiencia enerxética.

            O goberno municipal tamén ten prevista a instalación  dunha centraliña telefónica de tecnoloxía de voz IP na casa consistorial. Mediante esta actuación centralizaranse todas as chamadas dos edificios que compoñen o Concello de Arzúa, coa finalidade de conseguir unha reducción do custe na comunicación de todos os centros e unificando todos os teléfonos da casa do consistorio, dado que na actualidade a Casa do Concello non dá cabida a todas as oficinas que o compoñen, contando con biblioteca municipal, oficina da radio, casa da cultura, escola infantil, oficina de turismo e outras en distintas dependencias, e non existindo unha intercomunicación entre elas, sendo inoperativos os medios actuais.

            A instalación da centraliña, que terá un custe de 29.995,01 euros, permitirá chamar a través de internet eliminando os establecementos de chamadas, aumentando as canles de voz, reducindo mantementos e distintos servizos das compañías de teléfono.

            Como actuacións prioritarias nas parroquias, o equipo de goberno arzuán seleccionou a mellora da rede de saneamento en Magolán- Estrada de Lema e na propia zona de Lema de Arriba. A finalidade desta actuación, no seu primeiro tramo, é evitar o desbordamento do colector na zona de Magolán e na aldea de Barros (parroquia de Lema) metendo unha nova rede de saneamento. No outro tramo está previsto ofrecer este mesmo servicio para as vivendas de Lema de Arriba. Estas dúas actuacións ás que se fai referencia, encóntranse moi próximas ao núcleo urbano de Arzúa, polo que se considera esta actuación de extrema necesidade. Este proxecto ten un custe de 139.344, 20 euros.

            Tamén está prevista a creación dunha rede de saneamento nos lugares de O Chinelo e Capelán, pertencentes á parroquia de Santa María. Con esta actuación, segundo explicou o Alcalde, Xaquín García, complétase o servicio nesta parroquia grazas á inversión prevista que é de 98.712,23 euros

            Xaquín García salientou o grande esforzo do seu goberno “na proxección de iniciativas que buscan, ante todo, facer realidade servizos imprescindibles e de primeira necesidade para os cidadáns como é o caso da mellora dos servizos de abastecemento de auga e saneamento, onde centramos os nosos esforzos”.

Anuncios
Published in: on 11 marzo, 2010 at 7:58  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/11/aprobados-os-seis-proxectos-presentados-polo-concello-de-arzua-para-o-segundo-plan-e-por-importe-de-700-696-euros/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: