MEDIO MILLEIRO DE XINETES E AMAZONAS DANSE CITA ESTE SÁBADO EN ARZÚA NA III RUTA CABALAR.

Arzúa. 11 de marzo de 2010. Medio milleiro de xinetes e amazonas procedentes de toda Galicia e de comunidades limítrofes reúnense esta fin de semana en Arzúa para participar na III Ruta Cabalar organizada pola Asociación Amigos do Cabalo O Estrivo. A ruta parte ás 3 da tarde de diante da Feira do Gando, baixará pola rúa Ramón Franco e emprenderá camiño do peregrino para percorrer arredor de 30 quilómetros sobre territorio do concello de Arzúa e tamén de Boimorto.  Segundo nos explicaba esta mañá Carlos o Ferrador, Presidente do colectivo cabalar de Arzúa, está prevista tamén unha cea na que se fará entrega dunhas estatuillas en homenaxe a un grupo de persoas que contribuíron a potencializar a práctica desta actividade en Arzúa. Tamén se fará o sorteo dunha montura vaqueira donada por Guarnicionería Hermanos Gómez e que o rejoneador Pablo Hermoso de Mendoza promociona nas súas corridas. A festa rematará coa actuación da orquestra Trole de Ferrol.

  

Anuncios
Published in: on 11 marzo, 2010 at 8:42  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/11/medio-milleiro-de-xinetes-e-amazonas-danse-cita-este-sabado-en-arzua-na-iii-ruta-cabalar/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: