O PP VALORA NEGATIVAMENTE A XESTIÓN DO GOBERNO DO BNG NA FESTA DO QUEIXO

Arzúa, 10 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Arzúa valora negativamente que o presuposto máis elevado aprobado historicamente para organizar a Festa do Queixo servira para consumar o declive do evento lúdico – gastronómico máis representativo da comarca. Para os populares, é inaceptable a tendencia imposta polo equipo de goberno nacionalista que se resume “en organizar grandes fracasos co maior presuposto posible”. Menos entendible resulta aínda, incrementar o presuposto cando as actuais circunstancias de crise mundial producen unha baixada de prezos nas contratacións musicais e loxísticas, cando se reduce a cantidade e calidade de todas as actividades e cando se reduce, case ata desaparecer, a publicidade do evento nos diversos soportes.

Leyre Aldasoro, a portavoz popular, denuncia que o Concello de Arzúa cada día paga máis por recibir menos prestacións e que ademais instaurou a costume de facer contratacións de servizos externos “canto máis lonxe mellor”. Unha práctica que, para a representante popular, actúa en detrimento da economía local, tan debilitada nos últimos tempos e que precisa unha consideración excepcional. “As distintas edicións celebradas anteriormente demostran que é posible organizar eventos mellor xestionados, que gozaron de gran éxito a pesar de condicións climatolóxicas adversas, sen necesidade de contratar empresas intermediarias radicadas en Valencia”, lamenta Aldasoro.

Nesta mesma liña, aplica-la relación calidade – prezo á inversa é indefendible dende calquera punto de vista e supón malgasta-los recursos da cidadanía. “Pero non é menos sangrante a pretensión do equipo de goberno en argallar un evento social desta relevancia nas vésperas da súa celebración”, sostén Aldasoro. “A improvisación e as presas non deben ser a tónica a seguir –continúa a voceira popular-, polo que resulta inadmisible que se remate a confección do programa con quince días de antelación, sen tempo material para difundilo”.

Dende o PP de Arzúa amósase a mellor das disposicións para promover unha iniciativa conxunta e consensuada para reclama-la declaración de ‘Interese Turístico Nacional’ para a Festa do Queixo de Arzúa pero, coas últimas experiencias negativas levadas a cabo polo goberno nacionalista, o que urxe prioritariamente é esixir que se  recupere a ‘Interese Organizativa Municipal’ e aportar innovacións para paliar os anos perdidos causados polo BNG. “A valoración que se fai dende as filas populares é a de recuperar un formato con garantía de éxito e introducir novos elementos de  programación que magnifiquen a promoción do Queixo de Arzúa”, destaca a voceira popular. Xusto o contrario do que se ven facendo na actualidade, onde se converte un acto popular e multitudinario como era a lectura do pregón, nun acto excluinte e íntimo no que se deixa de enxalza-la Terra do Queixo para enarbora-lo nacionalismo. “A politización da Festa do Queixo actúa en detrimento da interese xeral e a diminución da súa capacidade de convocatoria”, indica. A liña organizativa trazada durante estes anos polo BNG é un duro revés para a comarca de Arzúa, un paso atrás na economía e unha perda de valores sociais que esixirá no futuro un esforzo adicional extraordinario para recuperar a relevancia mediática que o queixo de Arzúa sempre tivo.

Anuncios
Published in: on 11 marzo, 2010 at 7:48  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/11/o-pp-valora-negativamente-a-xestion-do-goberno-do-bng-na-festa-do-queixo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: