63 PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE ARZÚA E MELIDE BENEFÍCIANSE DO PROGRAMA DE SAÚDE QUE OFRECE A ASOCIACIÓN AMARAI

 

Arzúa. 12 de marzo de 2010. A Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide (AMARAI), entidade que é membro directo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), desenvolve un programa de saúde co fin de beneficiar ás e aos seus usuarios e procurarlles unha mellora na calidade de vida.

Unha das actividades que forman parte deste programa, a de fisioterapia, é posible grazas á subvención de 3.998,16 euros que aportou a Deputación de A Coruña durante o 2009 para o desenvolvemento do mesmo. A través desta prestación económica, Amarai puido levar a cabo un servizo de fisioterapia ao que acoden a cotío 12 persoas con discapacidade.

Pero o Programa de Saúde contempla outras actividades máis como son a natación terapéutica na que participan 17 persoas, a ximnasia de mantemento físico e funcional, que conta con 28 usuarios e usuarias e tamén se desenvolve un curso de golf ao que acoden 6 persoas.

A boa acollida que ten este programa de saúde polos usuarios e usuarias de Amarai fixo que para este ano a entidade tamén se presentase á convocatoria 2010 que ofrece a Deputación de A Coruña para poder seguir prestando este servizo.

FOTO: Xosé Luis Costoya, Presidente da Asociación AMARAY con sede en Arzúa. 

 

 

Anuncios
Published in: on 12 marzo, 2010 at 14:14  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/12/63-persoas-con-discapacidade-de-arzua-e-melide-beneficianse-do-programa-de-saude-que-ofrece-a-asociacion-amarai/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: