EXEMPLO DE MULLER TRABALLADORA (Polo 8 DE MARZO)

 

Callos de domingo, de feiras e festa patronais. Xantares doutrora non os houbo mellores en toda a comarca. -Os da Señora Carme. ¡Estes si que son callos¡- escoiteille dicir ao cura Castro un mércores de retiro baixando as escaleiras do comedor. Porque os curas saben elixir e non reparan en demasía. Tampouco ela reparaba en tempo nin en adicación. Toda ela era sinxeleza e humildanza. Canta sabiduría culinaria pechada entre catro paredes naquela cociña dos mil olores e sabores. Aromas de nostalxia da miña infancia.

Ser neto da Sra Carme de Florencio supoñía moito máis que un título de nobleza. Era posuir o privilexo de ter unha porta aberta en cada aldea da contorna con toda a facenda ao teu dispor. Que arzuán non a acorda sentada ao pé dos pucheiros inverno e verán, outono e primavera, día, noite, sábados e domingos coa sua faciana sempre sorinte e servicial. Quen pola Fraga do Rei ou pola rúa do Norte non se decata daquel retintineo de pucheiros, potas e tixolas en plena algarabía. Sons melodiosos e arrecendos de arte e tradición culinaria convertidas hoxe en signos de identidade da paisaxe vilega arzuá.

Xa o dicía o grande poeta Eladio Rodríguez. Cando a cociñeira ten arte e ten maña/ é manxar de deuses, porque sabe a groria/ porque se agarima, porque nunca farta/ porque resucita os mortos/ e ata os vivos sana. Así era ela. A miña avoa.

Por Armando Cascón.

Anuncios
Published in: on 13 marzo, 2010 at 8:23  Comments (1)  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/13/exemplo-de-muller-traballadora-8-de-marzo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

One CommentDeja un comentario

  1. Ainda boto de menos aqueles callos do domingo, pouco antes de xantar, entraba naquela cociña dos mil olores e sabores, como ti dis, a recoller a pota que antes lle deixara a miña avoa (e a sua irmá, por certo) Elvira. Tiña varias, dos encargos, encima da cociña de ferro para que se mantiveran quentes.

    Moi ben traído o exemplo.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: