A RUTA CABALAR MÁIS CONCURRIDA DE GALICIA REUNIU A MEDIO MILLEIRO DE CABALOS E EGUAS EN ARZÚA.

Arzúa. 14 de marzo de 2010. A rúa do Norte, a de Ramón Franco, Neira Vilas e a do Carme foi o percorrido urbano por onde medio milleiro de cabalos e eguas desfilaron na III Ruta Cabalar organizada pola Asociación O Estribo de Arzúa. Na praza da vila deuse cita un importante número de veciños que non quixeron perder a oportunidade de presenciar un espectáculo único. “Estamos vivindo a concentración de xinetes máis importante de toda a comunidade autónoma galega”, explicaba orgulloso Carlos Cea, presidente do colectivo organizador e principal impulsor desta iniciativa xunto con Xavier Gómez Pimentel de Guarnicionería Hermanos Gómez.

Unha vez feito o desfile urbano a comitiva emprendeu a súa marcha cara ao camiño francés para percorrer máis de 30 quilómetros a través de sendeiros e camiños do territorio do concello de Arzúa e Boimorto. Ao remate da ruta un total de 798 persoas reunironse no restaurante da Feira de Arzúa para compartir unha cea de confraternidade á que se uniron veciños, membros doutros colectivos culturais, agrupacións políticas de Arzúa e familiares dos participantes. Como representación institucional estivo presente o alcalde de Arzúa Xaquín García que acudiu acompañado do Concelleiro de deportes Xoan Xesús Carril. No transcurso da cea, o presidente e vicepresidente da Asociación O Estrivo fixeron entrega dunha serie de distincións a persoas e entidades que aportaron o seu traballo e esforzo en dinamizar e potenciar esta actividade. Entre os distinguidos cabe destacar Radio Arzúa, pola promoción do evento, Santiago Moscoso, fotógrafo oficial da entidade organizadora, Ramón Penas Alamancos (Moncho de Marcelino), Xavier Gómez Alamancos (Guarnicionería Gómez) ademáis doutras persoas e entidades que participaron e colaboraron nesta iniciativa. Foi o concelleiro de deportes Xoan Xesús Carril quen pechou o acto felicitando aos impulsores desta idea e ofrencendo todo tipo de apon institucional para poder seguir mantendo esta actividade deportiva en Arzúa. A festa rematou ao son da orquestra Trole de Ferrol e cunha sesión distendida de barra libre e baile.

Anuncios
Published in: on 14 marzo, 2010 at 10:37  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/14/a-ruta-cabalar-mais-concurrida-de-galicia-reuniu-a-medio-milleiro-de-cabalos-e-eguas-en-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: