O CONCELLO DE ARZÚA CONTA DENDE O PASADO SÁBADO CUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

Arzúa. 16 de marzo de 2010.  O establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Casa Calzada abriu as súas portas aos clientes esta fin de semana no lugar da Calzada, na parroquia arzuana de Burres. O ultramarinos oferta os servizos de bar, tenda, un punto de información turística da zona así como un punto de conexión á rede con wifi. A actuación realizada foi a adecuación dunha casa antiga de pedra situada a escasos metros do Camiño de Santiago.  

A rehabilitación que se realizou no edificio pretendeu en todo momento conservar a súa beleza e tradición arquitectónica, apostando polos materiais de calidade. Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.       

Casa Calzada é o único establecemento deste tipo na súa parroquia polo que a súa rehabilitación cubre tamén as necesidades da poboación máis próxima ao mesmo. Este establecemento abre agora as súas portas para dar servizo ás veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías.

Ademais, ao situarse en pleno camiño de Santiago Casa Calzada tamén ofrecerá os servizos aos milleiros de peregrinos que cada ano, especialmente neste ano 2010, se achegan a Compostela para visitar a Catedral de Santiago. O establecemento mantén un amplo horario de apertura estando a disposición dos peregrinos dende as 7 da mañá.

A Rede de Comercio Rural Galego conta na actualidade con 35 establecementos en toda Galicia que reúnen os máis altos requisitos de calidade, tanto no trato e formación do persoal como nas instalacións, atendendo a todas as necesidades. En concreto, o concello de Arzúa conta dende o pasado fin de semana con dous establecementos trala inauguración no ano 2009 de Casa Garea, situada na parroquia de Castañeda.

Anuncios
Published in: on 16 marzo, 2010 at 7:10  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/16/o-concello-de-arzua-conta-dende-o-pasado-sabado-cun-novo-establecemento-da-rede-de-comercio-rural-galego/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: