O VOCEIRO NACIONALISTA LEONARDO BERMÚDEZ CALIFICA DE MALINTENCIANADA A DENUNCIA DO PP SOBRE RECOLLIDA DO LIXO NO LUGAR DE DOMBODÁN

 

 

Arzúa. 16 de marzo 2010. O Portavoz Municipal do BNG, Leonardo Bermúdez, saiu esta mañá ao paso da información facilitada polo Partido Popular sobre a recollida de lixo no lugar da Torre, da parroquia de Dombodán.

O voceiro nacionalista desmentiu a información feita pública polo Partido Popular e califícaa de malintencionada. Lembrou que as taxas do lixo non sufriron ningún incremento nos dous últimos anos e que o concello de Arzúa é exemplar na recollida de voluminosos, de feito, manifesta que conta cun punto limpo onde calquera veciño pode depositar de xeito gratuito este tipo de enseres e a maiores, para aquelas persoas que non teñan posibilidade de desprazarse ata o punto de acopio, o goberno estableceu unha recollida a domicilio para este tipo de residuos que se leva a cabo cada dous meses.

        Bermúdez explica que isto significa que dende o Concello se están poñendo todos os medios para que ningún veciño se vexa na obriga de ter que depositar residuos en vertedoiros incontrolados. Dende o goberno municipal solicitan do Partido Popular un maior compromiso co coidado do medio ambiente e demandan dos Populares a oportuna colaboración co Concello no fomento da concienciación cidadá sobre este asunto deixando á marxe a súa estratexia oportunista de agardar a que alguén poida depositar residuos en sitios non habilitados para sacar a foto e ter protagonismo nos medios. Mesmo dá a sensación de que moitas veces son persoas moi achegadas ao Partido Popular quenes colocan os residuos para que poida haber instantánea. 

Anuncios
Published in: on 16 marzo, 2010 at 9:42  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/16/o-voceiro-nacionalista-leonardo-bermudez-califica-de-malintencianada-a-denuncia-do-pp-sobre-recollida-do-lixo-no-lugar-de-dombodan/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: