OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE VALLE INCLAN TIÑA UNHA RELACION CON ARZUA BASTANTE MAIOR DA QUE SE TEN PUBLICADO E QUE O PERSOAXE “MARQUES DE BRADOMIN” DERIVA DO TOPONIMO BRANDESO.-

Arzúa. 17 de marzo de 2010. A sección de cultura do psoe local, que ten iniciado unha campaña reivindicando as figuras historicas locais, tanto nadas no municipio como relacionadas co mesmo, resaltan agora a obra de Ramon Maria del Valle Inclán  -como xa fixeron con Luis Seoane, no centenerio do seu nacemento este ano 2010-

“SONATA DE OTOÑO”, unha das obras fundamentales de Valle, está perfectamente ubicada en Brandeso, no seu Pazo e no seu entorno, utilizando persoaxes e toponimos propios do lugar.- Esta narración publicada en 1902 é a primeira dunhas memorias ficticias do Marqués de Bradomín, que teñen continuidade na  Sonata de Estio, de Primavera e Inverno.- Ata eiqui esto era coñecido e estaba publicado, pero dende a agrupación socialistas se estableceron contactos coa Fundación Valle Inclán, Museo e Asociación Amigos de Valle Inclán, e cotexando datos descobriron que o topónimo Brandeso figura alomenos en  15 obras deste poeta, dramaturgo e novelista universal.-Igualmente algo que se descoñecia en Arzúa, o relato corto “El Miedo” está ubicado neste lugar, facendo mención ao Prior de Brandeso e a capela existente no lugar.-

“Todos estas coincidencias en linaxes e utilización da toponia do lugar, dan pé a pensar que Valle Inclán pasou tempadas neste lugar, e tamén a de que, coincidindo coa  primeira sonata, a de outono, en que Valle crea a figura do Marqués de Bradomín inspirandose no toponimo Brandeso.”-indica Xabier Pintor, voceiro socialista.- Inspirado en Brandeso, xa que logo, Valle Inclén creou este persoaxe ficticio e referente da sua obra “Marques de Bradomín”, que os socialistas consultaron con expertos na sua obra. Concretamente  membros  da Asociación de Amigos de Valle Inclán, que lles indicaron que ten moita relación e que están preparando un estudio sobre este tema para publicar no próximo número da  revista “Cuadrante”, que editan dende fai uns anos.- Hai que suliñar que en 1981 o Rei crea por Decreto o Marquesado de Bradomín, en homenaxe a Ramón Maria del Valle Inclán. O primeiro Marques con  este título seria o seu fillo Carlos del Valle Inclán.-

Os socialistas, sen querer patrimonializar esta figura historica, si queren reivindicar a vinculación do Pazo e o lugar de Brandeso con Valle Inclán, que serva de alicerce para divulgar a sua obra e se coñeza mais o noso Concello, a tal efecto “xa lle fixemos unha proposta á Asociación Amigos de Valle Inclán, para organizar este ano un acto en Arzúa para conferenciar sobre este escritor, que se comprometeron a levar a acordo na vindeira reunión da directiva , e tamén integrarse na mesma un grupo de arzuáns  admiradores deste escritor”-remata Xabier Pintor.-

 

Anuncios
Published in: on 17 marzo, 2010 at 16:15  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/17/os-socialistas-afirman-que-valle-inclan-tina-unha-relacion-con-arzua-bastante-maior-da-que-se-ten-publicado-e-que-o-persoaxe-%e2%80%9cmarques-de-bradomin%e2%80%9d-deriva-do-toponimo-brandeso/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: