O QUE NON SE CONTA DE ARZÚA NO MADOZ

Para a elaboración do seu voluminoso Dicionario xeográfico, Pascual Madoz contou con informadores repartidos por todo o territorio do Estado. Tamén o partido de Arzúa tiña os seus comisionados, e o principal foi Juan Codesido, natural da parroquia de Santa María de Grobas (Melide) e pertencente á casa fidalga da Cuíña. Codesido, que chegou a ocupar a alcaldía de Melide no ano 1821, foi o encargado de elaborar os informes para as xurisdicións de Arzúa, Bendaña e Melide. Ao longo dos primeiros anos da década de 1840 Juan Codesido enviou a José Verea y Aguiar, presidente da Deputación Arqueolóxica Galega, algúns informes preliminares que este debería facer chegar a Madrid. Neles aportaba datos tan importantes coma a poboación das distintas parroquias, a existencia de escolas e de fontes, as riquezas minerais e a produción agraria da comarca. Pero foi en 1845 cando Codesido elaborou o último e definitivo informe no que engadía datos e corrixía outros que xa foran incluídos nos seus anteriores informes. Nembargantes ningúnha destas últimas informacións puido ver a luz, posto que o Dicionario Madoz xa pasara ao prelo, e o esforzo do informante arzuán voltou ás súas mans sen chegar a cumprir a súa función.

Así, por exemplo, segundo os últimos datos deste distinguido informante, a poboación da vila de Arzúa ascendía até os 90 veciños, fronte aos 78 que figuran no Dicionario. En troques, a vila de Melide presentaba 116 veciños fronte aos 150 que publicou Madoz. A parroquia máis poboada das tres xurisdicións de Arzúa, Bendaña e Melide era en 1845 a de Burres con 165 veciños. Outro dato significativo é que o memorial de Juan Codesido permite valorar a produción media dun campesiño arzuán arredor dos 1330 reais anuais.

Este informe consérvase no arquivo da Casa do Rego do Pazo de Boimorto e foi estudado polo historiador Antonio Presedo Garazo quen publicou un interesante artigo a partir dos datos recompilados por Codesido, que nunca chegaron ao seu destino.

POR  ARMANDO CASCÓN

Publicado no semanal Tierras de Santiago de martes día 25 de agosto de 2009

Anuncios
Published in: on 19 marzo, 2010 at 9:59  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/19/o-que-non-se-conta-de-arzua-no-madoz/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: