A RADIO LOCAL PIDE PASO

Arzúa. 22 de marzo de 2010. As emisoras municipais farán xestións diante do Goberno de España para recibir información de cómo afecta a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual ás radios municipais. Así, proximamente unha delegación se reunirá co Secretario de Comunicación e co director xeral de Radiodifusión. Esta conclusión é froito dunha xornada de traballo realizada o pasado fin de semana en Barcelona. Representantes de emisoras de Galicia, Andalucía, Cataluña, Mallorca e Valencia debateron a incidencia da LGCA no réxime xurídico das emisoras municipais. Un dos aspectos que máis preocupa é o proceso de dixitalización integral, que o Goberno terá que plasmar nun Plan técnico nun prazo de 18 meses. As emisoras municipais trasladarán á administración central as súas propostas nese terreo.

Durante a xornada de traballo, COMRádio deu a coñecer o funcionamento da páxina web Sindicada 2.0, Os representantes das emisoras de Andalucía, Galicia, Mallorca e Valencia amosaron o seu interese en participar desta ferramenta de intercambio de programas e de información. Finalmente todos os participantes acordaron deseñar un proxecto común de sensibilización arredor do fenómeno da inmigración. En representación das Emisoras Municipais Galegas, asistiu ao encontro o secretario de EMUGA e director de Radiofusión Henrique Sanfiz.

Anuncios
Published in: on 22 marzo, 2010 at 13:56  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/22/a-radio-local-pide-paso/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: