OS SOCIALISTAS ELEVARÁN AO PLENO DA CORPORACIÓN QUE SE CONSTITUA O CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES.-

Arzúa. 22 de marzo 2010. Consideran imprescindible a constitución e posta en funcionamento deste organo colaborador co Concello, coa finalidade de estudo, asesoramento e formalización de propostas sobre os distintos aspectos do Deporte local.-

Para tal fin, a través desde Consello municipal, deberíase buscar  a máxima participación dos cidadáns, entidades e organismos que estean interesados e relacionados co deporte.-“E moi importante contar cun organo plural participativo para planificar o deporte local, mediante iniciativas de fomento, colaboración e incluso propostas de prezos públicos e subvencións as distintas actividades deportivas” –indica Xabier Pintor, que, para formalizar esta iniciativa, elevará en nome do grupo socialista, unha moción á Corporación, coas ideas que esta agrupación considera mais axeitadas a prol do deporte arzuán.-

Avanzan dende o psoe local, que alomenos deberían estar representados neste organismo, xuntamente coa representación política, os dos distintos clubes deportivos, tanto en deporte colectivo como individual, e mesmo os deportes especiais, como a caza, pesca, hipica, etc. Igualmente profesorado e comunidade educativa dos distintos niveis do ensino.-Tal representanción e competencias, debería formalizarse no correspondente regulamento debidamente consensuado. 

Este Consello sectorial que ten recoñecimento legal no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, canalizaria a participación cidadán no eido deportivo.-“É moi importante que a xente do deporte opine sobre todo o que se refire a esta  actividade e incluso nos proxectos de infraestructuras e posta en funcionamento das mesmas, e non como ocorre na actualidade, que, incluso as pistas de padel están prácticamente sen utilizar despois de aproximadamente un ano de rematadas”.- conclúen dende o psoe local

 

Anuncios
Published in: on 22 marzo, 2010 at 16:20  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/22/os-socialistas-elevaran-ao-pleno-da-corporacion-que-se-constitua-o-consello-municipal-de-deportes/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: