O CONCELLO DE ARZÚA CONTRATA AS OBRAS DO SEGUNDO PLAN E, NAS QUE SE INVESTIRÁN MÁIS DE 700.000 EUROS

Arzúa, a 23 de marzo de 2010.- O goberno municipal de Arzúa acordou esta mañá, na Xunta de Gobeno Local, contratar as obras correspondentes aos seis proxectos que se acometerán con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, – coñecido como segundo Plan E -, no que se investirán 700.696 euros. 

         A mellora do abastecemento de auga potable e da rede de alcantarillado así como do alumeado público na Rúa do Viso, o acondicionamento da casa da cultura, a instalación dunha centraliña telefónica de tecnoloxía de voz IP na casa consistorial,  a creación dunha rede de saneamento nos lugares do Chinelo e Capelán, na parroquia de Santa María e a mellora do saneamento no lugar de Magolán e Barros e na zona de Lema de Arriba, integran estes proxectos.

         As actuacións que se acometerán nos vindeiros meses, unha vez que agora xa se contrataron e só está pendente a adxudicación das mesmas, supoñen un grande esforzo e un compromiso en firme do goberno municipal na mellora do coidado do medio ambiente e na posibilidade de ofrecerlle aos veciños do rural o disfrute dalgúns servizos básicos como é o caso do saneamento e abastecemento de auga.

         En total, Arzúa investirá 700.696 euros, a través dos proxectos que xa foron aprobados polo Ministerio de Política Territorial na súa totalidade o pasado día 24 de febreiro.

         Entre os proxectos a incluír dentro deste novo Plan E do Estado salienta a mellora do servicio de abastecemento de auga potable e da rede de alcantarillado separativo con reposición de pavimentos na Rúa do Viso, onde tamén se renovará e remodelará o alumeado público. En total investiranse 280.617,56 euros na mellora deste vial, ubicado no casco urbano e nun estado de gran deterioro na actualidade, polo que se instalarán novos materiais, con diámetros adaptados ás necesidades actuais e con novos sistemas de execución, evitando así as fugas e a posible contaminación do subsolo.

         Outra das importantes actuacións que o goberno municipal poderá poñer en marcha grazas á existencia deste capital é a reforma e acondicionamento da Casa da Cultura, un edificio histórico que precisa dunha urxente actuación que poña fin ao estado de deterioro que presenta o inmoble.  Repoñerase a cuberta, colocarase un lucernario sobre o patio interior para evitar problemas de humidade e acondicionar térmicamente o entorno; adaptarase á normativa actual a instalación eléctrica do edificio e procederase ao pintado do inmoble tanto no seu interior como no exterior do mesmo. O goberno municipal destinará a esta actuación 152.300 euros.

         A instalación dunha centraliña telefónica de voz IP na casa consistorial xunto con dous proxectos de mellora do saneamento en diferentes núcleos rurais completan o elenco de actuacións contratadas no día de hoxe polo Concello de Arzúa para que se poidan facer realidade nos vindeiros meses servizos que son básicos para unha boa calidade de vida dos veciños de Arzúa.. O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, fixo especial fincapé no grande esforzo do seu goberno “en ofrecer, nuns casos, e en mellorar, noutros, servizos de primeira necesidade para os cidadáns como é o caso do saneamento que ampliaremos a diversos núcleos rurais e que constitúe unha das nosas maiores preocupacións”, sinalou ademais que “entendemos ésta como unha necesidade básica á que se lle debe dar cobertura en todo o núcleo municipal e niso estamos traballando”.   

Por iso, nesta ocasión, e mediante un investimento total de 238.056 euros o goberno municipal procederá á mellora da rede de saneamento nos núcleos rurais de Magolán, Barros e Lema de Arriba. Completarase a totalidade deste servizo na parroquia de Santa María mediante a creación dunha rede de saneamento nos lugares de O Chinelo e Capelán.

Anuncios
Published in: on 23 marzo, 2010 at 15:48  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/23/o-concello-de-arzua-contrata-as-obras-do-segundo-plan-e-nas-que-se-investiran-mais-de-700-000-euros/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: