Artigo da semana

PONTE LADRÓN

Contan as hemerotecas que en 1916 Arzúa viviu un dos seus momentos críticos derivados dunha abalancha de feitos delictivos protagonizados por bandoleiros, asaltantes e bandas organizadas que actuaban na soidade dos camiños e que remataron coa morte de non poucas das súas víctimas. Un destes lugares, elixidos polos amigos do alleo para este tipo de actos, está na parroquia arzuá de Burres. Alí, na aldea de Cortobe, situada nunha encrucillada de camiños en plena ruta xacobea hai unha ponte pola cal discorren mansas as augas dun caudaloso regato. Ponte Ladrón, tal é como foi por xustiza histórica bautizada, foi de sempre escenario de liortas, disturbios, asaltos e escaramuzas.

Aconteceu en Ponte Ladrón, co lusquefusque da primeira feira do mes de setembro daquel ano, cando un mozo do lugar de Burres que acababa de establecerse como ferreiro do lugar foi sorprendido por un grupo de malfeitores. A víctima puido fuxir, para logo voltar na procura dos agresores cun nutrido grupo de aldeáns. Xa na vila, nunha popular taberna, repetiuse o ataque do que saíron feridos de arma branca varios dos protagonistas. Todos foron atendidos polo médico forense Fernando Salgado Martínez e o Xuíz de instrucción García Cappa procedeu á aclaración das primeiras dilixencias. Segundo conclúe o afable cronista, aquela feira, aínda que un tanto concorrida, non fora próspera en trasaccións.

Por Armando Cascón

PUBLICADO EN TIERRAS DE SANTIAGO DE 23 DE MARZO DE 2010.

Anuncios
Published in: on 23 marzo, 2010 at 7:02  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/23/ponte-ladron/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: