ARZÚA ENSINA COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O SENDEIRISMO

Arzúa, a 24 de marzo de 2010.- O Concello de Arzúa, a través do departamento de deportes, ten previsto impartir este venres unha charla coloquio sobre o mundo do sendeirismo. A idea é explicar as claves dunha práctica deportiva e de ocio en plena natureza que xa conta con numerosos afeccionados en Arzúa.

         A Concellería de Deportes organizou este evento para as 21 horas deste venres no telecentro da localidade, onde Marcelino Tojeiro, membro fundador da Clube Deportivo Fontiñas, impartirá unha charla coloquio con todos os asistentes onde explicará os coñecementos básicos para iniciarse no relaxante mundo do sendeirismo.

         Realizar unha práctica deportiva non competitiva sobre camiños balizados e homologados por organismo competentes e achegar as persoas ao medio natural e ao coñecemento de diversas zonas a través do patrimonio e dos elementos etnográficos e culturais tradicionais son as claves que se tratarán de visualizar nun encontro que pretende entusiasmar aos asistentes a involucrarse nunha práctica que constitúe unha simbiosis entre deporte, cultura e medio ambiente.

         O Concelleiro de Deportes, Xoán Xesús Carril, convidaba esta mañá a todos os veciños e veciñas de Arzúa a achegarse este venres ata o telecentro para asistir a unha interesante charla, que se marca como preludio dunha nova edición do programa de rutas de sendeirismo que o concello puxo en marcha hai xa dous anos por diferentes puntos da xeografía galega.

         De feito e tal e como explica o edil de deportes, “a práctica do sendeirismo xa se vai consolidando no noso concello” e indicaba que “hai numerosas persoas que practican esta modalidade deportiva pola súa conta e tamén son moitos os que se teñen apuntado a algunhas das rutas que programamos dende o concello”.

         Nos últimos dous anos e segundo os datos aportados polo coordinador deportivo máis de 300 veciños de Arzúa teñen acudido nalgunha ocasión a realizar as rutas de sendeirismo que se teñen desenvolvido polo Courel, Fragas do Eume, Illas Cíes e Cabana de Bergantiños, entre outros.

         Dada a boa resposta e acollida que tivo esta iniciativa e coa idea de seguir incrementando o número de saídas e de participantes para este ano, o Concello de Arzúa organiza a charla do vindeiro venres, onde previsiblemente se vaia anunciar algún dos vindeiros destinos das rutas do 2010, que poden alcanzar zonas de interese paisaxístico, histórico, etnográfico e medioambiental fóra da nosa comunidade autónoma.

 

Anuncios
Published in: on 24 marzo, 2010 at 11:12  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/24/arzua-ensina-conecementos-basicos-sobre-o-sendeirismo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: