LEONARDO BERMÚDEZ CALIFICA AS DECLARACIÓNS DE XAVIER PINTOR SOBRE O SERVIZO DA AUGA DE HIPOCRESÍA E MANIFESTA QUE MINTE MALINTENCIONADAMENTE

Arzúa. 24 de marzo de 2010. O voceiro nacionalista Leonardo Bermúdez explicaba esta mañá para Radio Arzúa que a concesión deste servizo foi un proceso totalmente legal, “de feito o Partido Socialista recurriu a concesión á Xustiza e ésta deulle a razón ao Concello. A denuncia irresponsable do partido político liderado por Xavier Pintor o único que supuxo foi unha pérdida de tempo e gasto para o Concello, porque a Xustiza acabou determinando que as cousas se fixeron ben e entendendo que a denuncia dos socialistas carecía de calquera fundamento real”.

            Ao respecto do estado e aspecto que presentaba estes días a auga potable do Concello, o portavoz municipal insistiu unha vez máis en que “se cumpren escrupulosamente os criterios legalmente establecidos. Existe un plan de autocontrol por parte da empresa suministradora, a comunidade autónoma e o Ministerio de Sanidade e Consumo que garantiza de forma continua a calidade e desinfección da auga producida e distribuída pola rede ata os domicilios de todos os veciños”.

            Din dende o Concello de Arzúa que se fixo unha consulta a diversos veciños das zonas que se dicían afectadas, obtendo en todos os casos respostas negativas en canto á turbidez da auga. A propia empresa, Aquagest, verificou a calidade da auga e consultou aos usuarios ao tempo que procedeu a tomar mostras de análese. Incluso a Televisión de Galicia se quixo desprazar ata o propio Concello para facer unha reportaxe sobre esta incidencia e non atopou un só veciño que puidera confirmarlles que a auga saía turbia nin un só grifo polo que a auga saira alodada, explicou Bermúdez.

           Remata o voceiro nacionalista manifestando que no concello xa existe un regulamento do servizo de auga e tamén se dispón dun informe detallado que, ademais, de avalar a calidade da auga serve para demostrar que Xavier Pintor minte unha vez máis malintencionadamente. 

Anuncios
Published in: on 24 marzo, 2010 at 9:19  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/24/leonardo-bermudez-califica-estas-declaracions-de-xavier-pintor-de-hipocresia-e-lembroulle-aos-socialistas-e-manifesta-que-xavier-pintor-minte-malintencionadamente/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: