ARZÚA OFRECE PRAZAS DE TERMALISMO SOCIAL PARA OS MAIORES

Arzúa, a 25 de marzo de 2010.- O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Arzúa ten as súas portas abertas para atender as solicitudes que efectúen os maiores do municipio que desexen participar no programa de Termalismo Social que convoca o IMSERSO. As quendas para participar neste programa, que pon ao servizo dos usuarios o disfrute de todas as prestacións que ofrecen os balnearios para o coidado e mellora da saúde das persoas maiores, comezarán no mes de setembro e rematarán a finais de ano.

         Isto significa que as persoas maiores de Arzúa que estean interesadas en participar neste programa poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, ubicado na pranta baixa da Casa Consistorial e solicitar toda a información que consideren necesaria, tamén poderán efectuar a solicitude de praza alí mesmo e sempre antes da data indicada para cada quenda.

         O programa de Termalismo Social proporciona aos pensionistas, que por prescrición facultativa precisen os tratamentos que se prestan nos balnearios e que reúnan determinados requisitos, o acceso a estes establecementos.

         En Arzúa poderán ser beneficiarios dunha das prazas do programa os veciños que cumpran os seguintes requisitos:

–         Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e invalidez, e polo concepto de viudez ou doutras pensións únicamente cando o beneficiario teña cumplidos os 60 anos de idade.

–         Non padecer transtornos mentais graves nin enfermedades infecto-contaxiosas.

–         Poder valerse por si mesmo.

–         Precisar dos tratamentos termais e carecer de contraindicación médica.

–         Tamén poderán ser beneficiarios desta prestacións os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores.

A Concelleira de Benestar e Igualdade de Arzúa, Aurora Varela, explicaba esta mañá os beneficios que esta iniciativa reporta “na súade e benestar da xente maior que desfruta durante uns días dunha serie de servizos que non só melloran a súa calidade de vida senón tamén ainteracción social entre as persoas”.

 

Anuncios
Published in: on 25 marzo, 2010 at 11:08  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/25/arzua-ofrece-prazas-de-termalismo-social-para-os-maiores/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: