UN INFORME DA XUNTA DE GALICIA PODERÍA RETRASAR O TREITO DE AUTOVÍA ARZÚA-PALAS

Arzúa. 25 de marzo de 2010. “O tan controvertido tramo de Autovia Santiago-Lugo: “Enlace de Arzúa oeste-Enlace Palas de Rei oeste”, que fora publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) o pasado 28 de maio do 2009 a efectos de información pública, unha vez que  pola Dirección General de Carreteras do Ministerio de Fomento fora aprobado provisoriamente como mais favorable a alternativa  4, de 28,12 kilómetros de lonxitude e un orzamento base de licitación de 211,64 millóns de euros, vai sufrir novos retrasos, debido a un informe da Dirección Xeral de Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, que pide se estudien outros trazados alternativos ao norte da Estrada Nacional 547”  -Afirma Xabier Pintor, representante do psoe de Arzúa.-Explica Xabier Pintor “que os socialistas pola importancia deste tramo que cruza Arzúa de oeste a este, e co fin de apurar os tramites para que se redactara o mais pronto posible o proxecto e se licitara esta obra, estábamos en contacto coa Secretaría Xeral para a Prevención da Contaminación e do Cambio Climático, do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino (MARM), para que formulara a Declaración de Impacto Ambiental (DIA), deste estudio informativo, e asi poder seguir cos trámites necesarios indicados.Pero dende este organismo indicaronlle a Pintor que pola existencia do informe antedito da Xunta, se ian retrasar esta declaración”.

O representante socialista explica polo detalle: “O técnico da Dirección Xeral de Calidade do MARM, tiña redactado o informe respecto do DIA do tramo Arzúa-Palas de Rei para a sua publicación no BOE, e logo proceder cos trámites necesarios para executala obra, pero, por orde do Subdirector Xeral deste Ministerio, comunicoullo a Medio Ambiente da Xunta, pola afectación da zona do Careón en Melide, declarado, como é sabido,  Lugar de Interés Comunitario (LIC), dentro da Rede Natura, e, xa que logo, competencia da comunidade autónoma, que contesta, para a sorpresa de todos que se deben estudiar novos tramos alternativos ao norte da N-547”

Resulta moi sorprendente este informe que pode retrasar enormente a execución desta obra tan necesaria para a vertebración territorial do interior de Galicia.-

Este informe de Medio Ambiente da Xunta, poñendo serios inconvintes á alternativa 4, trazada ao sur da N-547 e seleccionada por Fomento como a mais favorable para achegar esta vía de alta capacidade ao Concello de Melide, está tamén en máns do Director Xeral de Carreteras de Fomento, D. Aureliano López, que estudia a posibilidade de iniciar novos estudios informativos dun trazado alternativo, ao norte da Nacional 547.-

“Sorprendenos a todos esta nova situación, incluso no propio ministerio,, toda vez que ao norte da nacional 547 tamén é zona protexida”.A non ser, como lle indicaron a Pintor que  dende este organismo, que “ como a Xunta que é  ten a competencia exclusiva desta zona e é coñecedora polo miudo deste LIC,considere que ten menos afectación” –indica o representante socialista.-

OS DATOS

Este trámo, o mais longo  de todo o trazado da A-54 Santiago-Lugo e discorre polos concellos de Arzúa, Santiso,Melide e Palas de Rei.- Afectaria a unha parte importante do municipio de Arzúa (aprox. 12 km) a través das parroquias de Burres,Lema,Vilantime e Boente.

O proceso a seguir, se si tivese aprobado o DIA polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, seria que  Fomento aprobase o expediente de información pública e estudio informativo definitivo, a licitación do proxecto constructivo e a adxudicación da obra.

Inicialmente están consignados 211 millóns de euros, sendo as caracteristicas de vía de duas calzadas de carriles de 3,50 m de ancho en ambolos dous sentidos da circulación e arcén de 2,50 m

 

Anuncios
Published in: on 25 marzo, 2010 at 15:49  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/25/un-informe-da-xunta-de-galicia-podera-retrasar-o-treito-de-autovia-arzua-palas/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: