Artigo da fin de semana

 

 BENBEXO

Benvexo é un topónimo moi singular. A súa orixe é pouco coñecida e ata a súa grafía presenta dúbidas. Hoxe, en galego, acostuma a escribirse como o estamos agora a facer, mais na documentación de séculos pasados poden atoparse outras variantes. Tampouco esta moi claro o lugar ao que se refire xa que non existe ningunha aldea ou parroquia con este nome. Semella que  Benvexo era unha antiga denominación do monte da Mota na parroquia arzuá de Santo Estevo do Campo pois en documentos antigos atópanse referencias á Capela de San Bartolomeu no monte de Benvexo. Só un arciprestádego da diócese de Santiago conservaba esta antiga denominación, e dicimos conservaba porque no BOA do pasado mes de novembro o Arcebispo de Santiago ven de publicar un decreto de remodelación dos arciprestádegos que supón a supresión do de Benvexo e a agregación das súas parroquias ao de Ferreiros. O descenso da poboación nesta comarca, o escaso número de curas e a mellora das vías de comunicación aconsellaban unha estruturación máis sinxela destas entidades pastorais para axeitalas ás necesidades actuais. Así e todo, coa desaparición do arciprestádego desaparece tamén unha denominación secular que xa non perdera a súa referencia no territorio, e da que só quedaba a lembranza desta división eclesiástica que englobaba pola parte arzuá as parroquias de Oíns, Calvos, Campo, Dodro, A Mella e Viladavil.

POR ARMANDO CASCÓN

 PUBLICADO EN TIERRAS DE SANTIAGO DO DÍA 19 DE XANEIRO 2010.

Anuncios
Published in: on 26 marzo, 2010 at 11:29  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/26/artigo-da-fin-de-semana/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: