ARZÚA ULTIMA AS OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA RÚA DA CRUZ VERMELLA

Arzúa, a 29 de marzo de 2010.- Xusto dous meses despois de que deran comezo os traballos de reurbanización dunha das rúas máis céntricas e transitadas de Arzúa, a da Cruz Vermella, as labores de acondicionamento están prácticamente rematadas e só pendentes da colocación do alumeado, que se instalará nos vindeiros días, unha vez sexa suministrado pola empresa contratada. Só pendentes destes pequenos flecos, os veciños de Arzúa poden transitar, dende hai días, por unha rúa  que serve de enlace entre a zona centro e a Avenida de Lugo e que dá servizo a importantes servizos que se prestan dende edificios anexos ao vial, como é o caso do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da localidade.   

         O goberno municipal investiu nesta actuación máis de 80.000 euros que foron financiados mediante o Plan de Obras e Servizos 2009, promovido pola Deputación Provincial da Coruña.

         A empresa Canarga foi a encargada de materializar un proxecto que imprimiu unha nova imaxe a un vial que presentaba un estado moi deteriorado, sendo unha das rúas máis transitadas do núcleo urbano xa que enlaza a Rúa Padre Pardo e as rúas adxacentes ao recinto feiral coa Avenida de Lugo. Estas circunstancias motivaron que o goberno municipal priorizara esta actuación para o seu acondicionamento a tenor de que non contaba con beirarrúas uniformes nin coas dimensións suficientes; tampouco existía unha definición axeitada das zonas de aparcamento nin dos carrís de circulación; a sinalización vertical era prácticamente inexistente e carecía dunha rede de recollida de pluviais no tramo da actuación.

         O proxecto de reurbanización, que contaba cun prazo de execución de 6 meses pero que se materializou moito antes, permitiu adecentar o vial mediante un proxecto de urbanización similar ao aplicado nas demais rúas: agora conta cunha zona de aparcamento nun dos seus laterais e elimináronse as barreiras arquitectónicas. Construironse beirarrúas con bordo de granito e baldosa de formigón. A zona de rodadura cubriuse con aglomerado. Baixo a calzada canalizáronse tubos de PVC para saneamento e recollida de pluviais cos seus respectivos pozos e sumidoiros, facendo as conexións destas redes coas provintes da Rúa Padre Pardo e Valle Inclán. Pavimentouse o firme e colocouse o mobiliario urbano que autorizou a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

         Pendentes xa só da colocación do alumeado e de que sexan retirados dous postes existentes no lugar pola empresa Telefónica, á que se lle ten solicitado o cableado subterráneo para o que se lle deixou xa a oportuna canalización; o goberno municipal culmina así un proxeto de reurbanización da zona centro de Arzúa que supuxo, en palabras do Alcalde, Xaquín García, “ un grande esforzo inversor  do noso goberno que comprometeu moitos fondos en facer da zona centro de Arzúa un lugar vistoso, cómodo e seguro no que non exista un ápice de feísmo urbanístico”; sinalou ademais que as rúas constitúen todo un exemplo de harmonía entre os intereses da cidadanía, xa que a súa urbanización está pensada para “facilitar a circulación dos vehículos pero tamén para mellorar a seguridade no tránsito dos peóns e, sobre todo, para eliminar as barreiras arquitectónicas que nalgúns pasos impedían o desprazamento dos veciños que tiñan algún tipo de dificultade”.

Anuncios
Published in: on 29 marzo, 2010 at 13:22  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/29/arzua-ultima-as-obras-de-reurbanizacion-da-rua-da-cruz-vermella/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: