O artigo da semana. Un século de promesa incumprida

A Ponte de San Xusto en Dombodán foi secularmente un nexo fundamental de comunicación entre as dúas beiras do Ulla, divide os Concellos de Arzúa e Vila de Cruces e tamén é, aínda a día de hoxe, delimitación de provincia; A Coruña e Pontevedra. No antigo Réxime o lugar de San Xusto encrabábase nun pequeno coto xurisdiccional con nome de seu e que estaba sometido ao dominio do mosteiro de San Martiño Pinario. Aproveitando a configuración do curso fluvial levantárase neste lugar unha ponte de madeira que houbo de resistir aínda por moitos anos até que no último terzo do s. XIX, co apoio do Deputado Hermida, de Andeade, se comezasen os trámites para a construcción dun novo paso que ía durar até ben entrado o s. XX. A ponte de San Xusto foi un constante reclamo de tódolos bandos políticos para, en palabras escritas polo historiador Padre Pardo no 1935, “termar dunha política maniña e noxenta, que no decorrer de máis de cincoenta longos anos mantivo a iste malfadado pobo mergullado no atraso”.

Dende a década de 1870 até os anos do Padre Pardo os políticos non foran quen de por a vila de Arzúa en comunicación directa cos concellos do norte da provincia de Pontevedra. Varios foran os intentos máis, cara a finais do s.XIX e principos do XX pouco se foi avanzando neste asunto. Para o Padre Pardo era unha vergoña que os distintos gobernos que se ían sucedendo nin sequera fosen capaces de construir  unha legua do camiño real dende Brandeso a Ponte San Xusto, algo para el de primeira necesidade ao comunicar a vila co Deza pero tamén con Ourense e a bisbarra do Ribeiro. A estrada a Vila de Cruces continuou a ser unha constante promesa incumprida até aínda non hai moito tempo. Tiveron que pasar moitos anos para que as palabras do Padre Pardo obtiveran resposta. Podemos referirnos á estrada de Dombodán como unha obra faraónica xa que son máis de 135 anos os que transcorreron dende que se comezara a pensar na súa mellora baixo o control do ente provincial e a Xunta de Galicia.

Por Armando Cascón

Anuncios
Published in: on 30 marzo, 2010 at 6:10  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/30/o-artigo-da-semana-un-seculo-de-promesa-incumprida/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: