O ALCALDE DE ARZÚA SOLICITA A REAPERTURA DA OFICINA COMARCAL DE REHABILITACIÓN TRALA DECLARACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA O CAMIÑO FRANCÉS

Arzúa, a 31 de marzo de 2010.- O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, acaba de remitir un escrito ao Director do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia no que solicita a reapertura da Oficina Comarcal de Rehabilitación, ubicada no lugar de Ribadiso, trala declaración o pasado día 22 de febreiro da área de rehabilitación integral para o Camiño Francés de Santiago por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e do Ministerio de Vivenda.

         O motivo desta solicitude, amén das que xa se teñen efectuado meses atrás xunto cun acordo plenario na mesma liña tralo peche inxustificado da oficina o pasado 31 de decembro de 2009 por parte da Xunta de Galicia, foi un escrito achegado ao Concello dende a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo no que se solicita a colaboración da administración local  para comezar a promover actuacións trala recentemente declarada área de rehabilitación integral para o Camiño Francés de Santiago, na que se inclúen parroquias deste termo municipal.

         A declaración desta área posibilita a posta en marcha de iniciativas encamiñadas á realización de programas de rehabilitación, á xestión de posibles axudas e subvencións específicas para este ámbito  para o que será necesario realizar unha serie de actuacións previas á tramitación das axudas como é a creación da infraestructura necesaria para a súa xestión.

         Dado que numerosas parroquias do Concello de Arzúa están incluídas dentro deste área de rehabilitación do Camiño e tendo en conta que neste termo municipal xa viña funcionando unha oficina de rehabilitación con total operatividade que podería evitar ter que crear nova infraestructura para dar un servizo que xa se viña ofrecendo;  o Alcalde de Arzúa dirixiuse de novo ao IGVS para solicitar a reapertura da oficina de Ribadiso, que xa prestaba asesoramento en materia de axudas para a rehabilitación de vivendas nos núcleos rurais das comarcas de Arzúa e Melide.

         O Alcalde sinala ademais que “para o Concello de Arzúa é unha boa nova esta declaración de área de rehabilitación integral para o Camiño Francés  así como a promoción de cantas iniciativas sexan precisas para levar a cabo programas de rehabilitación desta zona do interior de Galicia, acuciada por graves problemas de despoboamento e carentes, en moitos casos, da información e asesoramento preciso de cara á tramitación de axudas ou subvencións”.

         Xaquín García considera que a reapertura da oficina faise agora se cabe máis necesaria, xa que ademais do servizo que xa se viña ofrecendo en materia de asesoramento e información puntual en materia de vivendas tanto a nivel particular como aos propios promotores das actuacións de rehabilitación  poderían agora sumarse as actuacións que sexa preciso  desenvolver de cara a clarificar a forma de tramitación, procedemento e demais requisitos que se precisen trala declaración desta área e das liñas de axudas que se abran de cara a seguir recuperando núcleos rurais e vivendas tradicionais e todo isto, sinala o Alcalde, “ evitando ter que crear calquera outra infraestructura para albergar un servizo que se poden prestar dende Arzúa en condicións óptimas, como xa se viña facendo”.

Anuncios
Published in: on 31 marzo, 2010 at 10:28  Dejar un comentario  
Tags:

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/31/o-alcalde-de-arzua-solicita-a-reapertura-da-oficina-comarcal-de-rehabilitacion-trala-declaracion-da-area-de-rehabilitacion-integral-para-o-camino-frances/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: