O PP DE MELIDE SOLICITA UNHA XUNTA DE PORTAVOCES PARA ESCLARECER O ASUNTO DA AUTOVÍA

Melide,30 de marzo de 2010.- A voceira do PP de Melide ven de solicitar a través dun escrito formulado no rexistro do Concello a petición dunha xunta de portavoces para esclarecer a realidade da situación actual da autovía.   O Grupo Popular Municipal considera moi graves as acusacións vertidas sobre a Xunta  culpandoa  do retraso de anos na construcción da autovía e mesmo de non propiciar o desenvolvemento do interior de Galicia. Ánxeles Vázquez pediralle explicacións ó voceiro do PSOE na Xunta de Portavoces sobre as declaracións vertidas nos medios de comunicación por consideralas mentiras.

O PP asegura que unha vez mais o tempo está a dar a razón ao PP, porque hai meses que vimos dicindo que non hai ningunha tramitación realizada sobre a  autovía Lugo Santiago ó seu paso por Melide, algo que se demostra na petición de información que o Ministerio de Medio Ambiente realizou á Xunta:

 “ que por parte de la Dirección Xeral se informe sobre la amplitud y nivel de detalle que debe darse al estudio de impacto ambiental, así como sobre outras posibles alternativas de actuación…”

Neste senso, os populares advirten que non van a permitir que ninguén trate de confundir aos veciños para xustificar a falta de vontade do Goberno Central para facer esta estrada. Por iso esixen transparencia e que se poña enriba da mesa toda a información sobre este asunto para evitar as manipulacións e os enganos.

Anuncios
Published in: on 31 marzo, 2010 at 7:08  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/03/31/o-pp-de-melide-solicita-unha-xunta-de-portavoces-para-esclarecer-o-asunto-da-autovia/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: