O artigo da fin de semana: UNHA OLLADA Á SANTA LEOCADIA DE BRANZÁ DO S. XVII

De todos é sabido que Arzúa e terra de historia e de fonda tradición. Un dos fitos máis sinalados foi a fundación da Capela da Madanela e a súa posterior conversión en convento agostiño ao longo da Idade Media. Pero tamén os núcleos rurais teñen o seu interese. Ás veces con pegadas documentais senlleiras como o é o plano do lugar de Santa Leocadia de Branzá, realizado por un autor recoñecido en 1694 que é conservado no arquivo da Raal Chancellería de Valladolid. Palleiros, eiras, camiños, fontes e regos alternanse, sen orde nin concerto, coas casas e a igrexa da parroquia. Segundo a esquemática descripción o camiño real, que cruzaba a aldea de esquina a esquina, facía as funcións de eixo vertebrador.

Á súa dereita o groso da aldea, ou sexa, un caserío composto polas vivendas das familias máis aventaxadas da aldea: os Pombo, Puñín, Sanmartín e Xunqueiras. A maior de todas era a do licenciado Puñín que formaba un conxunto en escadra cercado e acompañado de edificacións anexas e catro palleiros. Ás súas costas erguíase a casa de Sanmartín, de forma alongada e en cuxo fronte sobresae unha torre. No debuxo, máis esquemático que preciso, tódalas casas presentan portas de medio punto e cubertas de tella do país. Á esquerda do camiño real seis casas, algunhas adosadas e outras independentes orientaban a súa fronte cara a esta vía. Unha delas contaba ademáis cun balado que cercaba a propiedade a altura do camiño.

Na parte superior do debuxo, un pouco afastada da aldea, érguese a igrexa parroquial, representada como un templo de pequenas dimensións cuxa fachada occidental se coroa con un fronton recto e unha espadana. A pranta da igrexa e dunha soa nave rematada en abside semicircular. Entre a igrexa e a aldea nace un regato, el arroyo del Hillo, que logo se bifurcaba en dous.

Este plano aínda que moi esquemático acháganos unha instantánea dunha aldea rural de hai máis de 300 anos e da cal aínda quedan hoxe vestixos.

 Por ARMANDO CASCÓN

Anuncios
Published in: on 2 abril, 2010 at 10:38  Dejar un comentario  
Tags:

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/02/o-artigo-da-fin-de-semana-unha-ollada-a-santa-leocadia-de-branza-do-s-xvii/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: