A PLATAFORMA VECIÑAL ESIXE AO GRUPO DE GOBERNO DO BNG QUE INICIE DE INMEDIATO A ADAPTACIÓN DO PXOM Á NOVA LEI DO SOLO.

Arzúa. 5 de abril de 2010. A plataforma veciñal solicítalle ao equipo de goberno do BNG, na persoa do seu alcalde, faga un pronunciamento oficial en relación coas súas intencións sobre a adaptación do PXOM á modificación da Lei do solo que ven de aprobar a Xunta de Galicia. Ante unha reforma de tal calado para os intereses do pobo, o vecindario esixe compromiso e inmediatez ao equipo goberno, xa que a modificación da que se está a falar, aprobada pola Xunta de Galicia, beneficia directamente aos máis de 300 núcleos de poboación existentes no termo municipal de Arzúa, por canto moitas das parcelas hoxe rústicas pasarían a incluirse dentro de solo de núcleo rural, e o que é máis importante, sería posible construir nelas. Para que esto ocorra e para que os veciños e veciñas vexan revalorizadas as súas propiedades, o equipo de goberno do concello de Arzúa tería que revisar o plan xeral e adaptalo á Lei reformada.

Por iso e polo ben do pobo en xeral, dende a plataforma veciñal, non so se pide un pronunciamento oficial por parte do equipo de goberno, senón que se esixe inmediatez na revisión do PXOM, ao presentarse dita revisión como a única vía para que os arzuáns se poidan beneficiar das expectativas xeradas pola nova Lei, por canto dende a plataforma creese, ademáis, que esta medida servirá para reducir o impacto negativo do actual contexto de crise, xa que se potenciaría a construcción de vivendas unifamiliares ao longo de todo o concello, tipoloxía, por outra banda, moi demandada dende todos os sectores.  

Noticia relacionada

Anuncios
Published in: on 5 abril, 2010 at 15:08  Dejar un comentario  
Tags:

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/05/a-plataforma-vecinal-esixe-ao-grupo-de-goberno-do-bng-que-inicie-de-inmediato-a-adaptacion-do-pxom-a-nova-lei-do-solo/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: