ARZÚA CONTRATA OBRAS DE MELLORA DE PISTAS E CAMIÑOS NO RURAL POR UN IMPORTE DE 400.000 EUROS

Arzúa, a 6 de abril de 2010.- O Goberno Municipal de Arzúa reunirase mañá na Xunta de Goberno Local para proceder á contratación das obras nas que se vai investir o capital que lle corresponde dentro do Plan de Obras e Servizos 2010 promovido pola Deputación Provincial da Coruña. A totalidade dos 383.124 euros, dos que a Deputación achega 363.967 e os restantes proveñen das arcas municipais, serán destinados a reparar, mellorar e acondicionar as vías dos diferentes núcleos rurais do municipio tentando así “dar continuidade ao programa de mellora das infraestructuras das nosas parroquias que iniciamos dende a chegada do BNG ao goberno do Concello”, sinalaba esta mañá o Alcalde de Arzúa, Xaquín García.  

         En total contémplanse 19 actuacións, todas elas destinadas a mellorar a imaxe dos diversos camiños e vías que presentan un estado de conservación máis deteriorado e que prestan servizo a un maior número de veciños. O obxectivo é mellorar as capas de rodaxe en todas elas coa previa reparación dos baches onde existan, nalgúns casos abriranse gabias e procederase á limpeza de salvagabias. Ademais das vías rurais tamén se pavimentará a Rúa Piñeiral, na que ademais de mellorar a capa de rodaxe, contémplase a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e eixo, símbolos, cebreados e a sinalización vertical con colocación de dúas sinais de stop así como a adaptación de arquetas á nova rasante. Esta actuación terá un custe superior aos 44.000 euros.

         Os camiños que se mellorarán coa finalidade de prestar un mellor servizo aos veciños e veciñas da zona do rural serán os que seguen: o que vai da Igrexa a Gosteres, na parroquia de A Mella. O Camiño de Bascuas e o Pique á estrada de Santiso, nas parroquias de Rendal e Vilantime. O Camiño de Barros e Aquelcabo, en Vilantime. Os accesos ao lugar de Filgueira, na parroquia de Vilantime e o camiño de Pousada en Pantiñobre. Tamén se reparará o camiño de Carral a Retorno, en Branzá; o camiño da Igrexa a Tronceda a Nova e o camiño que vai da Estrada Nacional 547 a Cortobe, en Burres. Tamén se reparará o camiño de acceso ás Quintas, en Burres, así como o camiño da Codeseira a Sebio, en San Martiño, outro que vai do Orxal a Pumar, en Oíns, onde tamén se acondicionará a vía que conduce de Fruzo a Lanzá. Efectuaranse outras actuacións no camiño que conduce de Seixas aos Muíños, en Oíns; onde tamén se actuará no camiño que vai de Ferradal ás Calles. Finalmente procederase a acondicionar o camiño das Quintas, en San Estevo do Campo e o camiño do muíño de Bosende, na parroquia de Santa María.

         O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, aludía esta mañá á boa xestión económica desenvolta nos últimos anos no Concello de Arzúa o que vai permitir que “todo o diñeiro deste Plan se poida destinar a investimentos, á realización de obras importantes e precisas para a efectiva prestación de servizos aos nosos veciños e veciñas” e indicou ademais que “grazas a un traballo serio e riguroso o noso goberno conseguiu nun momento de crise facer unha boa xestión económica da administración, o que vai permitir non ter que destinar parte deste capital a facer fronte a gastos correntes”.

         As palabras do Alcalde fan referencia á posibilidade que a Deputación da Coruña estableceu para que nesta anualidade os concellos poidan destinar ata o 50% do orzamento do Plan de Obras e Servizos a atender os seus gastos correntes se teñen dificultades económicas, debido á merma de ingresos ou á acumulación de máis gastos correntes que os pasados anos. Nas edicións anteriores o capital financiado pola Deputación para os POS debía ir destinado na súa integridade ao financiamento de obras e servizos.  No caso de Arzúa, grazas á xestión levada a cabo polo Goberno Municipal, investirase o 100% do capital en obras e servizos, o que permitirá estimular a economía e o emprego.

         No caso de que se produzan baixas no importe das actuacións sinaladas, o equipo de goberno xa pensou en qué camiños se investirá o capital sobrante; será  no acondicionamento dos camiños no lugar de Casanova, en Viñós, e noutro en Trasbar, Dombodán. Tamén se acondicionará o camiño da Fraga Alta, na Castañeda e o camiño do Cruceiro en Burres. Están propostos para a súa mellora os camiños  do Pumariño, na Castañeda e a vía que conduce dende a Estrada Nacional 547 ao lugar de Río nesta mesma parroquia.

Anuncios
Published in: on 6 abril, 2010 at 10:32  Dejar un comentario  
Tags: ,

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/06/arzua-contrata-obras-de-mellora-de-pistas-e-caminos-no-rural-por-un-importe-de-400-000-euros/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: