O artigo da semana: A implicación do deputado Barreiro con Arzúa

 

O nomeamento de Barreiro Ferro, deputado enfeudado no distrito de Arzúa, como gobernador civil da provincia en xuño de 1865, había de conlevar unha maior atención das autoridades cara ás necesidades deste distrito.

Con Barreiro Ferro como gobernador toma pulo o proxecto da casa cscola da vila conseguindo unha subvención da Deputación para a súa construcción e tamén o apoio do ente provincial co obxecto de achegar axuda económica do Estado. No mesmo sentido, o Concello había de conseguir unha subvención para a adquisición do reloxo público á vez que instaba, por aquel entón, á Deputación a auxiliar cunha cantidade de 400 escudos para a construcción do cemiterio.

O período deste fidalgo tan achegado ao noso distrito como gobernador civil non só repercutiu na vila mediante subvencións da Deputación e do Estado senón que tamén alcanzou outros aspectos. Así, no informe sobre a clasificación numérica das estradas provinciais, foron elevadas á oitava categoría a estrada a Ponte Arcediago que pasaba polo Pino, Arzúa e Santiso. A el atríbuese tamén en tempos pretéritos a construcción do antigo cárcere, a casa consistorial e a capitalidade xudicial. Pero a caída do presidente O”Donnell supuxo tamén a de Barreiro como gobernador civil rematando así un período no que Arzúa puido gozar da súa influencia sobre a Deputación Provincial e a súa boa relación co Goberno do Estado.

Anuncios
Published in: on 6 abril, 2010 at 7:54  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/06/o-artigo-da-semana-a-implicacion-do-deputado-barreiro-con-arzua/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: