O BNG DE ARZÚA CONSIDERA QUE PARA ADAPTAR O PXOM DE ARZÚA Á NOVA LEI DO SOLO É IMPRESCINDIBLE QUE A XUNTA DELIMITE O CAMIÑO DE SANTIAGO

Arzúa, a 7 de abril de 2010.- A agrupación municipal do BNG de Arzúa, a través do seu responsable, Inacio García, insistiu esta mañá na necesidade inminente de que a Consellería de Cultura proceda á delimitación do Camiño Francés ao seu paso polo Concello de Arzúa, como paso previo e imprescindible para poder adaptar o Plan Xeral de Ordenación Municipal á nova Lei do Solo de Galicia que entrerá en vigor a finais deste mes e que non é máis que unha modificación da anterior lei aprobada polo Partido Popular no ano 2002.

         O responsable local do BNG sae así ao paso das declaracións efectuadas estes días polo Partido Popular nas que reclamaba a adaptación do Plan Xeral de Arzúa aos cambios que ofrece a reforma da Lei do Solo. Resulta certamente desconcertante a premura do Partido Popular cando a nova lei aínda non entrou en vigor e cando se descoñece o modo no que pode beneficiar ou perxudicar os intereses dos nosos veciños.

         Dende o BNG entendemos que o fundamental para poder adaptar un Plan a unha nova lei, é que éste exista e en Arzúa, ao contrario que en moitos outros concellos “temos un plan aprobado grazas ao empeño do goberno municipal e a pesar de tantas trabas postas no seu día polo PP”. O BNG entende que todo isto non vén máis que a recoñecer que o PXOM de Arzúa se elaborou cumprindo estrictamente coa legalidade e cos criterios marcados pola lei.

         O que resulta paradóxico é a présa do PP en que o Plan Xeral se adapte á súa nova lei e o pouco interese que, sen embargo, amosa en darlle curso a outros asuntos de vital importancia como é o caso da aprobación da delimitación do Camiño de Santiago, que xa debería ter entrado en vigor no ano 98.

         Para o BNG de Arzúa resulta “absolutamente imprescindible que a Xunta de Galicia aprobe definitivamente o Plan Especial de Protección e Promoción do Camiño de Santiago e o expediente de delimitación do Camiño”. Segundo explicou Inacio García, só unha vez que a Xunta proceda a dita delimitación será posible empezar a falar de modificacións no Plan Xeral dado que un dos asuntos máis complexos para a aprobación deste documento foi precisamente o feito de carecer dunha delimitación do camiño que en Arzúa afecta a un total de oito parroquias: Boente, A Castañeda, Figueiroa, Rendal, Santa María, Arzúa, Lema e Burres.

         Cando en Arzúa se elaborou e aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o goberno municipal viuse obrigado a marcar a traza delimitada na Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico do ano 1992, tal como obrigada a Lei de Protección dos Camiños de Santiago aínda que esta traza non correspondese nalgún tramo coa sinalada na práctica polo Xacobeo e todo isto pola desidia do actual goberno da Xunta en avanzar nos traballos de delimitación do camiño unha vez que a labor de información e estudo do territorio así como a realización da cartografía, traballos necesarios para a aprobación da súa delimitación, xa quedaran concluídos no anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia mediante un investimento superior ao millón de euros.

         O BNG de Arzúa entende que a axilización dos trámites que permitan delimitar o Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa así como o seu territorio histórico é unha cuestión “fundamental e urxente á que se lle debe dar resposta coa maior prontitude porque ademais simplificaría de maneira notable os trámites para a obtención de licenzas de obra nas parroquias afectadas”.

         En canto o actual goberno da Xunta aprobe a delimitación do Camiño e o correspondente Plan Especial, o BNG de Arzúa entende que “o goberno municipal non porá ningunha traba para a incorporación da traza do Camiño de Santiago que se concrete nese procedemento ao igual que incorporará as determinacións que estableza o Plan Especial no correspondente Plan Xeral e que afecta en Arzúa a nada menos que oito parroquias, será aí cando se poida empezar a pensar en adaptar o Plan Xeral á nova lei do solo, unha vez que se teña un coñecemento máis profundo da nova lei, pensada para actuar sobre as áreas creadas ao redor das grandes cidades e con dudosos beneficios para os concellos rurais”.

         Dende o BNG queremos aclarar ademais unha cuestión fundamental para os veciños de Arzúa; é o feito de que esta nova reforma da lei permite a parcelación nas áreas de expansión dos núcleos rurais sen necesidade de modificar o Plan Xeral, que é unha das cuestións que máis preocupaba e afectaba aos veciños das nosas parroquias.

No caso dos núcleos rurais a nova delimitación pode perxudicar máis que beneficiar a moitos deles e de feito, cómpre non esquecer que no Concello de Arzúa, grazas ao Plan Xeral, xa están delimitados 220 núcleos rurais nos que se poden construir viviendas. Éstes non existirían se o PXOM non estivese aprobado.

         O BNG de Arzúa quere, finalmente, convidar a todos os veciños a unha última reflexión: se a nova lei do solo tivese tantos beneficios como nos queren facer crer que ten, algúns concellos que recentemente aprobaron os seus Plans Xerais pola lei anterior, ¿non  agardarían a que entrase en vigo esta nova? Se non o fixeron será por algo.

Noticias relacionadas

Anuncios
Published in: on 8 abril, 2010 at 7:28  Dejar un comentario  
Tags:

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/08/o-bng-considera-que-para-adaptar-o-pxom-de-arzua-a-nova-lei-do-solo-e-imprescindible-que-a-xunta-delimite-o-camino-de-santiago/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: