A XERACIÓN DE RIQUEZA E O MANTEMENTO DO EMPREGO LOCAL CENTRAN OS ORZAMENTOS DE ARZÚA PARA O 2010

Arzúa, a 9 de abril de 2010.- O goberno municipal de Arzúa levará, a vindeira semana, á Comisión Informativa para asuntos do Pleno o orzamento municipal para esta anualidade. O expediente orzamentario que alcanza os 6.302.125 euros pretende ser o motor económico do municipio que permita a xeración de riqueza e o mantemento ou creación de emprego local nun escenario de grave crise económica que ten ralentizado e minorizado a capacidade inversora das empresas e a renta dispoñible das familias. Falamos dun orzamento de austeridade nos gastos correntes, equilibrado, comprometido e social. Salienta a contención do gasto corrente, o empeño en que o seu crecemento sexa inferior ao dos ingresos correntes para permitir o aforro que poida destinarse á execución de investimentos.

            O orzamento reflicte no apartado dos ingresos a política municipal de conxelación de impostos e taxas e na vertente presupostaria de gastos a acometida de obras dirixidas a xerar actividade empresarial e a manter o emprego consolidando así o despegue municipal producido en Arzúa na última década e tras superar a grave parálise acontecida na década dos 90 debido ás escasas inversións.

            Na actualidade, a capacidade de gasto de todas as administracións veuse mermada pola vía da redución de ingresos e no caso de Arzúa tamén pola drástica reducción na participación dos tributos do Estado, que minguaron nun 12% (109.004,47 euros) con respecto aos do 2009; tamén é de destacar a contundente reducción de axudas concedidas pola Xunta de Galicia,  o que ten obrigado a un trasvase de fondos do propio concello para suplir dita financiación. Aínda así o goberno municipal presenta uns orzamentos nos que se prevé un investimento de 2.083.414,32 euros, que se levarán a cabo con cargo a axudas doutras administracións públicas, recursos propios e unha operación de préstamo de 818.000 euros.

            A concertación deste préstamo permitirá desenvolver na práctica un Plan Municipal de Inversión para o Mantemento do Emprego (PMIME). Tal e como explica o Alcalde de Arzúa, Xaquín García, as inversións deste plan ao ser relativamente de contía escasa facilitan que a pequena empresa do municipio teña a posibilidade de executala, polo que se estaría axudando aos noso empresariado local nun momento tan delicado como o actual, revertindo nun maior volume de emprego a nivel local.

            Acudir á vía do préstamo faise necesario a tenor de que se invertirá no mantemento de emprego local e dada a óptima situación económica e financieira do municipio que permite recurrir a el sen necesidade de autorización administrativa. Téñase en conta que o aforro neto é positivo e a débeda viva, incluindo a operación proxectada, alcanza só o 33,80% dos ingresos correntes liquidados fronte ao 110% que permite a lei de facendas locais e que excepcionalmente este ano se eleva ao 125%. Esta boa situación económica é a que permite ao Concello acudir á vía do préstamo para executar novas inversións e non quedar expectanete ante a situación actual de crise e escasez económica e todo isto sen elevar a presión fiscal sobre a poboación de Arzúa.

No expediente orzamentario, que se someterá á consideración da Comisión Informativa a vindeira semana, figurá no capítulo de gastos unha importante reducción no apartado de gastos de persoal e no dos gastos en bens correntes e servizos. Os gastos de persoal alcanzan o 1.700.392 euros fronte ao 1.868.196 do ano 2009. No caso dos gasto en bens correntes a cifra sitúase en 2.078.956 fronte aos 2.306.505 da anualidade 2009.

Investimentos reais para a xeracion de riqueza e mantemento do emprego.

            O capítulo de investimento reais alcanza os 2.081.914 euros, máis dun 17% con respecto ao capítulo de inversión do ano pasado que se cifraba en 1.770.969 euros e representa un 33,03% do orzamento total, o cal vén a reafirmar a tendencia inversora por parte deste concello.

            O Plan de Inversión Municipal para o Mantemento de Emprego, cunha previsión de 818.000 euros en concepto de préstamo, empregarase no financiamento de importantes investimentos que axuden a xerar riqueza e manter emprego no municipio: acondicionaranse os locais sociais de A Castañeda, A Mella, Burres e Santa María. Mercaranse soportes para os contenedores evitando así o seu deterioro; acondicionarase unha pequena praza no Campo da Feira e procederase á adquisición dunha casa e dunha finca na parroquia de Tronceda para destinala a local social e zona de aparcamento. Tamén se desenvolverán os trámites precisos e pendentes dende o ano 99, para a adquisición dunha finca empregada na actualidade como recinto escolar. As obras están todas pensadas para poder ser executadas por empresas locais, ao tratarse de rehabilitacións de inmobles que requiren moita man de obra,  axudando así ao noso empresariado nun momento especialmente delicado e cumprindo estrictamente coa normativa de contratos do sector público.

            No capítulo de investimento e xa fóra do PMIME tamén se contemplan outras importantes actuacións como o abastecemento integral de auga potable a Pantiñobre, Brandeso, Tronceda e Viñós; a reparación de diversos camiños no rural, a creación dun espazo para destinalo a parque biosaudable, melloras na piscina exterior e  rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Viladavil, entre outras.

            Todos estes investimentos superan os 2 millóns de euros e responden a un orzamento acorde coa realidade municipal de Arzúa, contendo unha serie de decisións importantes que repercuten no benestar do conxunto de veciños e veciñas do municipio. O Alcalde de Arzúa, Xaquín García, sinala que “este é o momento de maiores dificultades e polo tanto este é o momento de adoptar decisións sen titubeos, con realismo e creendo nas nosas posibilidades”.

Anuncios
Published in: on 9 abril, 2010 at 17:12  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/09/a-xeracion-de-riqueza-e-ao-mantemento-do-emprego-local-centran-os-orzamentos-de-arzua-para-o-2010/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: