O ARCIPRESTADO DE FERREIROS PEREGRINA A COMPOSTELA O 17 DE ABRIL.

Arzúa. 9 de abril de 2010. O Arciprestado de Ferreiros organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela o próximo día 17 deste mes. De Arzúa, forman parte deste arciprestado as parroquias de Arzúa, Pantiñobre, Branzá, Santa María, Viladavil, Viñós e Brandeso. O prezo do autobús será de 7 euros sen comida e 20 con comida. Estipulouse tamén outra cantidade de 13 euros para aqueles que queiran comer sen autobús, será de 13 euros. A saída está prevista para as 9 e media da mañá e o lugar de saída será a Igrexa Parroquial de Santiago de Arzúa onde previamente se recibirá a bendición do Peregrino e as instrucións da peregrinación.

Unha vez en Santiago haberá unha misa na catedral ás 12 do mediodía. Logo poderase dar o abrazo ao apóstolo e rezar na Cripta. Dende a parroquial de Arzúa, o cura Santiago Pérez recomenda estar sobre as 11 da mañá na catedral para poder asistir á misa pola cantidade de xente que se agarda.

Anuncios
Published in: on 9 abril, 2010 at 7:31  Comments (1)  

The URI to TrackBack this entry is: https://armandocascon.wordpress.com/2010/04/09/o-arciprestadego-de-ferreiros-peregrina-a-compostela-o-17-de-abril/trackback/

RSS feed for comments on this post.

One CommentDeja un comentario

  1. SE NON ME EQUIVOCO, ALOMENOS TE ESQUECICHES DE SAN VICENZO DE BURRES.


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: